Ferramentas de edición

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 15:35 19 oct 2018 de Isaacjgonzalez (discusión | contribs.) (→‎Ferramentas de edición)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Ferramentas de edición

Son programas que nos facilitan a edición de documentos XML, a súa validación, etc.

Como os ficheiros XML son documentos de texto plano poden crearse con calquera programa de edición, por simple que este sexa. Con todo, é máis doado crear os documentos con editores específicos para este propósito.

O uso de editores non específicos pode ter sentido se se quere facer unha edición rápida dun documento e, ademais, teñen a vantaxe de que se atopan en todos os sistemas operativos, pero teñen carencias importantes xa que non recoñecen o documento XML como tal e, por tanto, non nos poden dar soporte.

Para escribir documentos XML sen erros necesítase un editor específico que nos axudará a validar o XML contra unha DTD ou un esquema e forzar así estruturas XML válidas. Afondaremos nisto máis adiante. Un editor XML debe ser quen de proporcionarnos as seguintes funcionalidades:

  • Engadir etiquetas de peche automaticamente.
  • Forzar a escritura dun documento XML ben formado, é dicir, facendo cumprir as regras de sintaxe do XML.
  • Verificar o XML contra unha DTD ou esquema.
  • Resaltar as etiquetas e sintaxe do XML mediante cores.

Algunhas ferramentas libres para a edición de documentos XML son as seguintes: XML Copy Editor, Quanta Plus, Bluefish ou Gedit se utilizamos Gnome.

--Arribi 13:01 30 sep 2010 (BST)