Compoñentes eléctricos dun circuíto

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 08:14 3 oct 2018 de Vence (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Condensadores

Un condensador é un dispositivo eléctrico que consiste en dúas placas metálicas separadas por un material illante chamado dieléctrico. A intensidade que circula ao través del é proporcional á variación da tensión respecto ao tempo.

Denomínase capacidade dun condensador á propiedade que posúe de almacenar maior ou menor carga eléctrica. A cantidade que pode almacenar, depende fundamentalmente, da tensión aplicada entre as súas armaduras e das súas características construtivas.

A unidade de capacidade é o faradio (F). Como é unha unidade moi elevada empréganse submúltiplos:

microfaradio ( μF) = 10-6 Faradios
nanofaradio (nF) = 10-9 Faradios
picofaradio (pF) = 10-12 Faradios
Condensadorelitico.jpg

Para conseguir condensadores de grande capacidade hai que facelos moi "grandes", aínda que se queremos aumentar a capacidade tamén podemos cambiar o dieléctrico.

Conseguirase unha grande capacidade empregando un dieléctrico especial "electrolítico".
Hai que ter en conta que os condensadores electrolíticos, como os da imaxe, teñen polaridade (ánodo e cátodo). Polo que, se os poñemos ao revés nos arriscamos a que o condensador literalmente "estale".

Bobinas

As bobinas ou indutancias son elementos pasivos formados por un "rolo" de fío condutor bobinado normalmente sobre un núcleo dunha substancia ferromagnética.

Bobina.jpg

Unha indutancia é un dispositivo eléctrico que xera un fluxo magnético cando se fai circular por ela unha corrente eléctrica.

De forma análoga aos condensadores que almacenan enerxía en forma de campo eléctrico, as indutancias acumulan enerxía en forma de campo magnético.

A indutancia caracterízase polo coeficiente de autoindución (L) e a súa unidade é o henrio (H). Outros parámetros importantes das bobinas son:

  • N= Nº de espiras
  • φ= Fluxo magnético
  • I = Intensidade que a recorre

Cando se pecha o circuíto, a autoindución compórtase como un xerador cuxa f.e.m. oponse á corrente que circula por ela.

Como consecuencia da f.c.e.m. a intensidade de corrente no instante de pecharse o interruptor é cero, e transcorrido un tempo alcanzará un valor permanente.


-- Volver