Corrente continua e corrente alterna

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 08:03 3 oct 2018 de Vence (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Corrente continua

A corrente continua (CC) é o fluxo continuo de electróns ao través dun condutor entre dous puntos de distinto potencial. A diferencia da corrente alterna (CA), na corrente continua as cargas eléctricas circulan sempre na mesma dirección (é dicir, os terminais de maior e de menor potencial son sempre os mesmos). Aínda que comunmente se identifica a corrente continua coa corrente constante (por exemplo a subministrada por unha batería), "é continua toda corrente que manteña sempre a mesma polaridade (sentido)".

Na seguinte imaxe vemos a representación Voltaxe-Tempo dunha Corrente Continua Constante:
Electricidad03.png

Corrente alterna

Denomínase corrente alterna (CA) á corrente eléctrica na que a magnitude e dirección varían ciclicamente. A forma de onda da corrente alterna máis comunmente utilizada é a dunha onda senoidal, posto que se consigue unha transmisión máis eficiente da enerxía. Sen embargo, en certas aplicacións utilízanse outras formas de onda periódicas, como a triangular ou a cadrada. Utilizada xenericamente, a CA refírese á forma na cal a electricidade chega aos fogares e ás empresas. Sen embargo, as sinais de audio e de radio transmitidas polos cables eléctricos, son tamén exemplos de corrente alterna.

Na seguinte imaxe vemos a representación Intensidade-Tempo dunha Corrente Alterna Senoidal:
Electricidad04.png


Aprende.png
Importante

A maioría de aparellos electrónicos utilizan a corrente continua xa que deben controlar o paso dos electróns dun xeito selectivo. Por outro lado, a maior parte da produción e transporte da corrente é alterna, pois é moito mais doado e barato facelo con este tipo de corrente. Isto fai que sexa preciso transformar a corrente alterna en continua, e para iso empréganse as Fontes de Alimentación nos dispositivos.


-- Volver