Periféricos de seguridade

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 14:03 17 feb 2018 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Neste apartado podemos diferenciar dous grandes grupos, uns periféricos que permiten asegurar o noso equipo, para que non sexa roubado e outro tipo, moi utilizados hoxe en día, para autenticar ao usuario como reforzo do típico usuario+contrasinal.

  • O dispositivo de seguridade Kensington, tamén chamado K-Slot ou Kensington lock é un sistema antirrobo deseñado pola empresa Kensington Computer Products Group. A maioría dos portátiles e moitos equipos e periféricos (como os monitores) teñen un pequeno buraco reforzado con metal. O dispositivo en si é un cadeado que irá conectado a ese pequeno buraco e algún elemento da oficina ou aula facendo así que non sexa posible roubar o equipo en cuestión.
  • Lector de tarxetas de autenticación e DNI electrónico.
  • Lectores de parámetros biométricos como impresións dixitais, detectores faciais e de retina.

-- Volver