Monitor

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 14:02 17 feb 2018 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

O monitor é o dispositivo de saída máis utilizado. Mediante unha interface luminosa mostra os resultados ou os gráficos do procesamento do PC.

Existen varios tipos de monitores:

  • De tubo de raios catódicos (CRT - Cathode Ray Tube).
Crt.jpg
  • De pantalla de plasma (PDP - Plasma Display Panel ).
Tft.jpg
  • De pantalla de cristal líquido (LCD - Liquid Crystal Display) ou TFT - Thin Film Transistor).
  • De paneis de diodos orgánicos de emisión de luz (OLED - Organic Light-Emitting Diode).

A conexión do monitor ao PC faise a través da tarxeta gráfica do equipo e directamente a un conector que pode ser:

  • VGA ou d-Sub para conexións analóxicas. Utilizado nos monitores CRT e en moitos LCD.
  • DVI para conexións analóxicas (DVI-A) ou dixitais (DVI-D). Existen adaptadores DVI-A - VGA que permiten a conexión de monitores que non teñen o conector DVI. Tamén existe o conector DVI-I que soporta as transmisións analóxicas e dixitais do sinal de vídeo.
  • HDMI que soporta a conexión de vídeo e de son dixital.
  • Display Port. Conector dixital moi utilizado estes últimos anos en equipos MAC e Dell.

As características máis importantes dos monitores son as seguintes:

  • Dimensións: Mídese en pulgadas (1 Pulgada = 2,5 cm) e da o tamaño da diagonal da pantalla.
  • Tamaño do punto ou dot pitch.
  • Frecuencia de varrido vertical: Veces por segundo que se "pinta" a pantalla. Deberiamos configuralo a 80 Hz como mínimo.
  • Entrelazado: En cada varrido píntanse a "metade" das liñas da pantalla.
  • Non entrelazado: En cada varrido píntanse todas as liñas.
  • Baixa radiación.
  • Axustes Dixitais para a configuración da pantalla.

-- Volver