Cámara web

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 14:01 17 feb 2018 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Webcam.png

Unha cámara web], ou cámara de rede (webcam), é unha pequena cámara dixital conectada a unha computadora a cal pode capturar imaxes e permite ao equipo almacenar esas imaxes ou transmitilas a través da rede interna e Internet.

As cámaras web están conectadas ao equipo polo porto USB ou directamente á rede por un porto Ethernet ou Wifi, as chamadas cámaras IP. Neste último caso estes dispositivos pasan a ser practicamente independentes do equipo, polo que, practicamente, deixarían de considerarse como periféricos.

As cámaras web normalmente están formadas por unha lente, un sensor de imaxe e a circuitería necesaria para manexalos. Existen distintos tipos de lentes, sendo as lentes plásticas as máis comúns. Os sensores de imaxe poden ser CCD ou CMOS (Complementary Metal Oxide Semiconductor). Este último adoita ser o habitual en cámaras de baixo custo, aínda que iso non signifique necesariamente que calquera cámara CCD sexa mellor que calquera CMOS. As cámaras web pódense clasificar pola súa resolución, existindo hoxe en día moitas Full HD, cunha resolución de 1080x720 píxeles.

-- Volver