RAID 10 vs RAID 01

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 22:54 22 dic 2017 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Os sistemas RAID 10 e RAID 01 son dous sistemas RAID que, nun principio son prácticamente iguais pero que se diferencian en cómo se reconstrúen a partires dun erro nun disco. Ese detalle fará que todos os fabricantes se decanten polo RAID 10 en detrimento do RAID 01.

RAID 10 de 6 Discos
RAID 01 de 6 Discos

Na seguinte táboa vemos as características principais de cada un dos RAID:

Comparación RAID 10 e RAID 01
Categoría RAID 10 RAID 01
Mínimo número de discos 4 4
Capacidade (N/2)*TamañoDiscos (N/2)*TamañoDiscos
Eficiencia de almacenamento 50% 50%
Máximo número de discos que poden faiar N/2 N/2
Rendemento L/E Moi bo Moi bo
Cantidade de datos a ler durante a reconstrución TamañoDisco (N/2)*TamañoDisco
Cantidade de datos a escribir durante a reconstrución TamañoDisco (N/2)*TamañoDisco

O detalle está en que cando se reconstrúe o RAID logo do faio dun disco os dous sistemas funcionan de distinto modo:

  • No caso do RAID 10, cando un disco faia e se engade o substituto o único que fai o sistema é copiar o disco espello do avariado neste novo disco.
  • No caso do RAID 01, cando un disco faia, faia todo o array RAID 0 ao que pertencía. Polo que, logo de engadir o novo disco substituto, o sistema copia todo o array RAID 0 no que estaba o disco duro avariado. Así ten que ler N/2 discos e escribir os outros N/2 discos.

Vese que o "traballo" a realizar para reparar a avaría dun disco é moitísimo máis custosa no sistema RAID 01, polo que o elixido é o RAID 10.


-- Volver