Estrutura físico/funcional dos discos duros
Neste apartado trataremos tanto as partes internas como as características fundamentais dos discos duros de prato xiratorio.
Partes dun disco duro
Os discos duros están formados por:
- Un conxunto de pratos de aluminio ou cristal cerámico.
- Varias cabezas lectoras de ferrita ou materiais magnetorresistivos (GMR - Giant Magnetoresistance). Existe unha cabeza por cada unha das caras dos discos preparadas para gardar información (Head).
- Un motor que pode xirar incluso a velocidades maiores de 7.200 rpm. Velocidades típicas: 5400, 7200, 10.000 e 12.000 rpm.
- Unha tarxeta controladora.
- Unha caixa.
- Cada unha das caras está dividida en pistas concéntricas, denominándose TPI (Track Per Inch) o número de pistas por pulgada existentes, é dicir, a densidade.
- A mesma pista de distintas caras fan o que se denomina Cilindro (Cylinder).
- Cada pista está dividida nun conxunto de Sectores, que non son outra cousa que o conxunto de 512 Bytes netos. Un Sector é a unidade mínima de escritura nun disco duro.
Parámetros para especificar o tamaño do HD
Existen varios modos de especificar o tamaño dun disco duro, de mais antigo a mais modernos os modos son:
- CHS (Cylider Head Sector): < 504 MB
- Capacidade = C * H * S * 512 Bytes
- CHS Extendido (Large): Cilindros/n y Cabezas·n
- Capacidade = C * H * S * 512 Bytes
- LBA (Logical Block Addres): CHS remprázase por un número simple largo que coincide có número de sectores no disco.
- Capacidade = LBA * 512 Bytes
Estes métodos tamén son utilizados como modos de direccionamento.
Exemplo: Calcular a capacidade dun disquete de 31/2"
- Datos:
- 2 Cabezas
- 80 Pistas / Cara
- 18 Sectores / Pista
- Solución:
- Sectores totais: 2 * 80 * 18 = 2880
- Capacidade do Disco: (2.880 * 512) / 1.024 = 1.440 KiB
Especificacións dos Discos Duros
Á hora de ler as características dun disco duro aparecerán todos estes parámetros:
- Seek time (Tempo de acceso Unidade) (ms)
- Average seek time (Tempo medio de acceso debido ao movemento do cabezal entre as pistas) (ms)
- Head switch time (Tempo de cambio entre cabezais) (ms)
- Rotational latency (Latencia de rotación) (ms)
- Tempo de estabilización das cabezas (ms)
- Data access (Tempo de acceso ós datos) (ms)
- Data thoughput rate (Ratio de transferencia de datos) (MB/s)
- Memoria Caché ou Tamaño do Buffer
Especificacións de HDs de exemplo:
- 2016:
Factores de forma dos discos duros
Os discos duros, tal e como pasa con todos os elementos físicos dun PC, teñen un tamaño predeterminado que ven especificado polo seu factor de forma (form factor):
- 51/4" (130 mm)
- 31/2" (95 mm): O tamaño do dun ordenador de sobremesa.
- 21/2" (65 mm): O tamaño do dun ordenador portátil.
- 1,8" (48 mm)
- 1" (34 mm)
-- Volver