Tarxetas de vídeo
Unha tarxeta gráfica, tarxeta de vídeo, tarxeta aceleradora de gráficos ou adaptador de pantalla, é unha tarxeta de expansión para unha computadora persoal, encargada de procesar os datos provenientes da CPU e transformalos en información comprensible e representable nun dispositivo de saída, como un monitor ou televisor.
Denótase có mesmo termo tanto ás habituais tarxetas dedicadas e separadas como ás GPU integradas na placa base (aínda que estas ofrecen prestaciónes inferiores).
Os tipos existentes de tarxetas gráficas son: MDA, CGA, MCGA, Hercules, EGA, VGA (640x480), SVGA (800x600), XGA (1024x768), SXGA (1280x1024), WXGA (1440 x 900), SXGA (1400x1050), WSXGA (1680 x 1050), HD1080 (1920x1080), WUXGA (1920x1200) e QXGA (2048X1536).
- Dende o sistema operativo, e despois de instalar o driver correspondente a esa tarxeta gráfica, teremos que configurar:
- O número de pixels: 800x600, 1.024x768,...
- O número de cores: 24 bits (ou cor verdadeiro) ou 32 bits.
- A frecuencia de varrido vertical: >75 Hz.
Cando as tarxetas tiñan pouca memoria RAM (<32MB) existían, moi a miúdo, problemas por elixir unha resolución demasiado alta; esto provocaba que o ordenador mostrase a pantalla totalmente en negro, polo que era preciso arrancalo en modo a proba de faios e cambiar a unha resolución máis baixa.
- Na actualidade só existen dous fabricantes de procesadores para tarxetas gráficas (GPU), estes son: NVIDIA en ATI (este último adquirido no 2.007 por AMD). Aínda que, tal e como ocorre cós chipset das placas base, existen moitos fabricantes de tarxetas de vídeo que empregan os micros que esas dúas empresas lles proporcionan.
- A conexión coa placa:
PCI as mais antigas | |
---|---|
AGP (x1, x2, x4, x8) | |
PCI-Express x1 | |
PCI-Express x16 as mais modernas |
Coa aparición das tarxetas gráficas PCI-Express x16 moitas placas dan a posibilidade de colocar dúas tarxetas gráficas traballando en paralelo:
SLI de NVIDIA | |
---|---|
CrossFire de ATI |
--- Volver