HDMI
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
O HDMI ("High-Definition Multimedia Interface") é un conector utilizado para a transmisión de audio e vídeo dixital. Protección anticopia. A conexión HDMI está deseñada para que non se poidan realizar copias (permitidas ou non) do contido de son e vídeo transmitido, de acordo coas especificacións HDCP 1.10. Así, todo fabricante de equipos con HDMI debe solicitar ao consorcio un código de autorización, o que, en caso de fabricar equipos que permitiran a copia, seríalle retirado o permiso e incluído nunha "lista negra" para que, a partires dese intre os equipos HDMI de outros fabricantes non lles transmitan contido de son-vídeo.
Versións HDMI:
- HDMI 1.0
- Presentado en Decembro de 2002. A súa interface física é un cable único de conexión dixital son/vídeo con taxa de transferencia máxima de 4,9 Gbit/s. Soporte ata 165 Mpíxeles/s en modo vídeo (1080p 60Hz ou UXGA) e 8-canais/192 kHz/24-bit son.
- HDMI 1.2
- Presentado en Agosto de 2005. Engadido soporte para One Bit Audio, usado en Super Audio CD, ata 8 canais. Dispoñibilidade HDMI Tipo A para conectores de PC.
- HDMI 1.3
- Presentado o 22 de xuño de 2006 (Versión que ten a PlayStation 3). En esta versión foi incrementado o ancho de banda a 340 MHz, equivalentes a unha taxa de datos de 10,2 Gbit/s. Foi engadido soporte para Dolby TrueHD e DTS-HD, que son formatos de son de baixas perdas empregados en HD-DVD e Blu-ray Disc. Dispoñibilidade dun novo formato de miniconector para vídeo-cámaras (Type C).
- As versións superiores da norma HDMI son completamente compatibles coas anteriores, aínda que de momento non se pode actualizar a versións superiores da norma HDMI, pois as actualizacións requiren tanto de modificacións hardware como de firmware.
- HDMI 1.4
- Versión HDMI de Wii U, XBOX One e PS4 (tamén a PS4 2016).
- A súa interface física é un cable polo que é posible enviar vídeo e son de alta definición, ademais de datos e vídeo en 3D.
- En canto á saída de son, HDMI 1.4 ofrece unha canle de retorno de son que fará necesarios menos cables para ter un sistema de son envolvente conectado ao televisor.
- Outra importante novidade desta revisión da norma é que permite a posibilidade de enviar e recibir datos a través dunha conexión Ethernet incorporada no propio cable con velocidades de ata 100 Mbps, dado que actualmente existe una tendencia entre os fabricantes de televisores e equipos reprodutores de son a incorporar a conectividade a Internet como algo lóxico.
- HDMI 2.0
- Presentado o 4 de setembro de 2013, Esta versión ofrece un incremento de ancho de banda de ata 18 Gbps que soportan características claves acorde cos novos requirimentos do mercado para mellorar a experiencia dos consumidores de son e vídeo. Estas novas características inclúen:
- 4K@50/60(2160p) de vídeo.
- Ata 32 canais de son para unha experiencia de inmersión multidimensional.
- Ata 1536kHz frecuencia de son para unha máxima fidelidade de son.
- Entrega simultánea de 2 streaming de vídeo para múltiples usuarios na mesma pantalla.
- Streaming de son de ata 4 usuarios.
- Soporte de ángulo de teatro 21:9 de radio.
- Sincronización dinámica de vídeo e son en streaming.
- Extensións de comandos CEC para controlar múltiples dispositivos dende un punto único.
-- Volver