Consideracións a ter en conta para escoller caixa

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 18:41 26 nov 2017 de Vieites (discusión | contribs.) (→‎Introdución)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

A caixa é o elemento que vai servir de soporte e contedor ó resto de elementos do noso PC, polo que hai que buscar unha que sexa o mais ríxida posible, debe absorber as posibles vibracións e torsións que poidan darse. Hai que ter en conta que, moitas veces, as causas de avaría en elementos tales como os discos duros e os lectores ópticos son as vibracións e torsións que a caixa non é capaz de amortecer.

Ó que a material se refire, cada vez son mais as caixas feitas en aluminio, que é un material que reúne as mellores características para o chasis. Un bo chasis de aceiro tamén é totalmente válido, pero iso repercute no peso da caixa, que pode chegar a ser bastante alto.

Características principais

As principais características que debe reunir unha boa caixa son as seguintes:

Formato

Neste punto debemos ter en conta o factor de forma da placa base escollida para o PC.
Os formatos mais títpicos son ATX e Micro-ATX.
As caixas Micro-ATX son mais baixas e con algo menos de profundidade que as caixas ATX, ainda que có mesmo ancho, polo que están limitadas ás placas Micro-ATX e a unha baía de 3,5" e dúas baías de 5,25" como máximo.
As caixas ATX son mais versátiles e nos permiten instalar no seu interior tanto placas ATX como Miro-ATX.
Por outra banda dicir que, no mercado hai caixas de colocación tanto vertical como horizontal, e incluso algúns modelos que nos ofrecen ambas posibilidades.
Micro-ATX
MiniTorre ATX
Micro-ATX

Posibilidades de expansión

O número de baías, así como as posibilidades de expansión, vai depender, en gran medida, do formato da caixa.
Unha baía é o espazo no que se colocan tanto os discos duros, disqueteras ou lectores de tarxetas (baías de 3,5") como as unidades ópticas (lectores e regrabadoras de CD ou DVD (baías de 5,25")).
O mínimo esixible (sen contar a baía externa para a disquetera) é que teñan polo menos dúas baías de 3,5" e outras dúas de 5,25".
Unha caixa de formato ATX, normalmente, ten entre 4 e 5 baías externas de 5,25" e entre 6 e 8 baías de 3.5", dúas delas externas e o resto internas.
MiniTorre ATX
MiniTorre ATX
MiniTorre ATX
A rixidez dos soportes de ancoraxe destas baías é moi importante, así como a fixación dos elementos a elas, o mais normal para a fixación é mediante parafusos, aínda que cada vez son mais as caixas que empregan outros sistemas máis cómodos para facilitar o cambio dun elemento.
MiniTorre ATX
MiniTorre ATX
MiniTorre ATX

Ventilación

O tema da ventilación é fundamental. Unha caixa debe ter, polo menos, un ventilador posterior para evacuar o aire quente do seu interior.
Micro-ATX
MiniTorre ATX
O ideal é que teña, polo menos, dous ventiladores posteriores e un ou varios anteriores ou laterais. Se non ten os ventiladores, polo menos que teña os emprazamentos para poñelos, así como unha tobeira de ventilación na tapa lateral que quede sobre o disipador do procesador, para evacuar ou permitir a entrada de aire directamente a este.
É moi importante que teña un número alto de reixiñas ou orificios de entrada de aire.
Moitas caixas de calidade incorporan filtros nas entradas de aire, evitando así a entrada de po no interior da caixa.
Ventiladorcarcasa.jpg

Fonte de alimentación

Aínda que a tendencia actual (sobre todo en caixas de gama media-alta e alta) é que as caixas veñan sen fonte de alimentación para que nós poñamos a que desexemos, algunhas caixas si que traen incorporada dita fonte. Se así é esta fonte debe cumprir cós requirimentos indicados no apartado de fontes de alimentación.
En canto á subxección, a estandarizada é mediante 4 parafusos traseiros, colocados de forma asimétrica.

Tomas externas para USB, eSATA, son,...

Aínda que estes son elementos que inclúe calquera caixa actual, é importante que dispoña de, polo menos, dúas tomas de USB 3.0 (e pronto USB 3.1 Type-A e Type-C) no frontal, ou nunha esquina entre o frontal e un dos laterais, así como tomas para auriculares e micrófono.
Algunhas caixas de calidade inclúen outras saídas, como pode ser IEEE-1394 (firewire) e SATA.
Micro-ATX
MiniTorre ATX
Micro-ATX

Indicadores de control de temperatura

Cada vez son mais as caixas que inclúen sensores e indicadores para controlar unha serie de parámetros de temperatura e de rotación dos ventiladores.
Se a caixa non dispón destes indicadores, pódese empregar unha baía de 5,25" para colocar un panel deste tipo deominados Rheobus.
MiniTorre ATX
MiniTorre ATX

Outros tipos de caixas

Ademais do visto ata agora, existe outros tipos de caixas para ordenadores, algunhas delas son as seguintes:

Caixas tipo Cubo ou Barebone

Trátase de caixas de pequeno tamaño. Polo xeral véndense completamente montadas ou, polo menos, coa fonte de alimentación e a placa base, pois estes elementos son, normalmente, específicos para estas caixas.
Son ideais se dispoñemos de pouco espazo e non precisamos de altas prestacións. Hai que ter en conta que as posibilidades de expansión son mínimas.
A utilización máis xeneralizada para estas caixas é a de Media Center.
Barebone
Barebone
Barebone

Caixas tipo RACK

Son un tipo especial de caixas deseñadas para colocalas dentro dun armario RACK.
Os PCs que van no seu interior, normalmente, denomínanse blade PC
Teñen unhas medidas estándar no ancho (o normal é 19", outras medidas son 24" ou 30") e na profundidade, podendo variar a súa altura. Esta altura mídese en Unidades (U), sendo cada unidade de 1,75"(pulgadas) de alto.
Hai caixas de 2, 3 e 4 unidades de altura, correspondéndose esta última có ancho normal dunha caixa de ordenador.
Rack
Rack
Rack

Caixa desmontable

A primeira deste tipo é a Asus Vento TA-F (outubro de 2.008) este tipo de caixas ofrecen vantaxes non só para os usaurios, senón tamén para distribuidores e puntos de venta, que poderán aforrar moito espacio nos almacenes, pois cando está plegada ten unhas dimensións de 43 × 43 × 8 centímetros, moito mais estreita que as normais.

A montaxe da caixa faise sen ningún tipo de ferramentas, e tanto no exterior como no interior, con ranuras para discos duros, lectores ópticos e outros dispositivos que non requiren empregar parafusos para axustalos ao seu sitio. ASUS-VentoTA-F.jpg


-- Volver