A caixa ou carcasa do PC

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

O primeiro que vemos dun equipo é, sen dúbida, a súa caixa (ou carcasa); polo que, ademais das incuestionables e persoais razóns estéticas, á hora de escoller a caixa para un equipo deberemos ter en conta outra serie de consideracións que veremos neste apartado. Ten en conta que a carcasa é o elemento do equipo onde se atopan todo o resto dos compoñentes, polo que será necesario que cumpra unha serie de requirimentos mínimos acordes á función do equipo.

Por outro lado, un elemento que todo equipo ten é a fonte de alimentación. Este compoñente, ignorado pola maioría dos usuarios, é a encargada de subministrar a enerxía que todos os compoñentes e periféricos necesitan para facer o seu traballo, e é unha peza incriblemente complexa e precisa, xa que ademais de subministrar a enerxía necesaria, faino dun xeito perfecto e constante.

  1. Consideracións a ter en conta para escoller caixa
  2. Principais fabricantes de caixas para PCs

---Volver