Introdución e características de OwnCloud
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- OwnCloud é unha aplicación web libre que ten como obxectivo poder implantar un almacenamento e aplicacións na nube utilizando servidores propios.
- Pretende proporcionar unha alternativa libre a servizos privativos como Dropbox ou Google Drive.
- A aplicación precisa para a súa execución un servidor web (normalmente Apache), con soporte para PHP (linguaxe na que está escrita a aplicación), e un xestor de base de datos SQLite, MariaDB, MySQL ou PostgreSQL.
- Para a distribución dos ficheiros a través da web, utiliza o protocolo WebDAV.
- Entre as súas funcionalidade podemos destacar:
- Sincronización de ficheiros cos equipos cliente (ofrece diversas aplicacións para distintos sistemas operativos cliente).
- Compartición de ficheiros entre os usuarios de ownCloud.
- Reprodutor de música en liña.
- Calendario, xestión de contactos e marcadores.
- Editor de texto en liña e visor de documentos PDF e ODF.
- Galería de imaxes.
- Tamén permite a conexión de sistemas de almacenamento externos, que poden ser contas de Dropbox ou Google Drive, conexións FTP, WebDAV, CIFS, etc.
- Por último, unha funcionalidade moi importante para nós será a posibilidade de autenticar os usuarios sobre un servidor LDAP ou un Directorio Activo de Windows (ou un servidor Samba4).
- A seguinte imaxe mostra a uso de ownCloud dende un navegador web: