Conexión do microprocesador na placa
Sen contar que algunhas placas xa veñen có microprocesador integrado, en xeral, todas as placas base veñen con un zócalo especial para que sexa conectado nel o microprocesador. Como puidemos ver no apartado dos zócalos para microprocesador, existen dous grandes tipos de zócalos, os de tipo Socket e os de tipo Slot. Sexa cal sexa este, a conexión do micro na placa será moi sinxela, tal e como imos ver neste apartado.
Para unha boa colocación e configuración do microprocesador na placa, en xeral, seguiremos estes pasos:
- Facernos có manual da placa base e asegurarnos que o microprocesador é soportado por ela.
- Asegurarnos que o equipo está desconectado da rede eléctrica.
- Conectar a CPU no socket da placa base.
- Instalar o disipador có ventilador para refrixerar o microprocesador.
- Configurar na BIOS, por microinterruptores ou jumpers a velocidade do reloxo, o multiplicador e a voltaxe de traballo do microprocesador.
Vexamos uns exemplos prácticos para asegurarnos que se entende ben este paso tan importante da montaxe dun equipo.
-- Volver