Conectar os dispositivos IDE á placa base

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 20:51 29 oct 2017 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • A conexión da faixa no dispositivo ilústrase na seguinte imaxe:
Colocacionfaixadispositivoide.jpg
  • Fixarse que a faixa IDE ten unha franxa, normalmente vermella, que indica o pin número 1 do conector. Esa franxa vermella debe colocarse sempre cara o conector de alimentación do dispositivo IDE.
  • Ademais, este conector sempre vai colocado có cable vermello (o de 5 V) cara a faixa de datos.
  • Sempre se coloca o conector do lado mais longo da faixa na placa base.
  • O seguinte será configurar o dispositivo como Master ou Slave:
Idemasterslave.jpg
Nun conector IDE poden instalarse dous dispositivos como moito:
IDE80.jpg
  • Se existe un só dispositivo conectado este pode estar configurado como Master ou como Slave indistintamente.
  • Se conectamos dous, un debe estar configurado como Master e o outro como Slave, se non se fai así pode ocorrer que un deles, ou os dous, non funcionen.
  • Se temos un só dispositivo conectado e está configurado na opción Cable Select, o normal, é que se configure como Master (o que é seguro é que funcionará).
  • Se temos dous dispositivos conectados a unha faixa, e ambos están configurados como Cable Select só funcionarán se a faixa é especial. Unha faixa deste tipo terá un dos fíos cortados nun conector (ese será o Slave)... Isto non é o normal.
  • Se temos que instalar catro dispositivos (un disco duro para o sistema operativo, un disco duro para datos, un lector de DVDs ou CDs e unha gravadora de CDs ou DVDs) nunha placa con dous conectores IDE, unha boa disposición será a seguinte:
Conexionde4dispositivoside.jpg


--- Volver