Escenario 1.C - Instalación e configuración do servizo DHCP
Introdución
- Nesta sección configurarase dserver00 como servidor de DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol) e uclient02 como cliente que obterá sempre a mesma IP do servidor en función da seu enderezo MAC.
- A seguinte imaxe amosa o escenario a implantar.
- O rango de IPs que vai asignar o servizo DHCP é 172.16.5.100 - 172.16.5.119 (20 IPs).
- O resto da configuración IP que ofrecerá o servidor aos clientes son:
- Porta de enlace: 172.16.5.1
- Servidor DNS: 172.16.5.10
- Dominio de busca: iescalquera.local
Introdución ao servizo DHCP
- O servizo DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol), permite que os clientes dunha rede obteñan de forma automática a súa configuración IP, como mínimo dirección IP e máscara. Deste xeito evítase realizar a configuración IP de cada cliente de forma manual.
- O servizo DHCP basicamente permite configurar un servidor para que os clientes poidan obter automaticamente:
- Enderezo IP
- Máscara de subrede
- Porta/s de enlace (Opcional)
- IP/s do/s servidor/es DNS (Opcional)
- Dominios de busca (Opcional)
- Nome de equipo (Opcional e precísase coñecer a súa MAC)
- Deste xeito, a configuración dos clientes é moi sinxela, pois non se precisa realizar unha configuración IP dun xeito manual.
- Para iso no servidor precísase configurar, en esencia:
- O rango de IPs que van asignar aos clientes que soliciten IPs.
- Cal é o router/s ou porta/s de enlace que se lle van indicar ao cliente que debe usar para saír ao exterior.
- Cal é o servidor/es de DNS que debe usar o cliente para poder resolver os nomes de dominio.
- No cliente simplemente se debe indicar que a súa configuración IP debe ser obtida de xeito automático, co cal o que fai é enviar unha pregunta á rede preguntando se alguén lle pode dar unha configuración IP. O servidor DHCP ante esa consulta manda ao cliente unha configuración IP e rexistra a quen lle asignou esa configuración
- O servidor leva control das IPs asignadas e de se pasou ou non o tempo de concesión sen que o cliente solicitara unha renovación para ver se esa IP está libre de novo.
- A seguinte imaxe amosa distintos escenarios de configuración IP.
- Observar na imaxe da esquerda a existencia dun ámbito: que é un agrupamento para administrar distintos rangos de enderezos IP e distintas características de cada un.
- A imaxe amosa cal é o proceso polo cal un cliente solicita unha configuración IP até que algún servidor lle ofrece unha.
Resumindo: os parámetros que se soen configurar nun servidor ou nun ámbito DHCP para ofrecer aos clientes son:
- IP e máscara: é o mínimo que debe ter un cliente para poder comunicarse cando menos cos demais equipos da LAN.
- Porta de enlace.
- Servidor DNS primario (e se hai secundario, tamén).
- Sufixo DNS ou dominios de busca.
- Nos seguintes enlaces pódese afondar máis sobre a configuración DHCP:
- Material en PDF elaborado polo profesor Victor Lourido:
- Configuración en Zentyal e Windows: Curso Formación Profesorado: Platega: Simulación de redes locais con máquinas virtuais#PARTE V: Servizos básicos das redes locais
- Para aspectos teóricos, punto 10 do seguinte ficheiro PDF: Archivo:Modelo OSI TCP IP.pdf
- Para Windows, punto 3 do seguinte ficheiro PDF: Archivo:03.- Servizos Internet en 2003.pdf
- Servizo DHCP do profesor Jesús Arribi
Introdución ao xestor de servizos systemd
Ao igual que se indicou no servizo de DNS:
- Debian, dende a versión 8, cambiou o seu xestor de servizos de SysVinit a Systemd.
- A forma de iniciar/parar/comprobar o estado dun servizo é: systemctl start/stop/status SERVIZO
- Segue podéndose usar o formato SysVinit: service SERVIZO start/stop/status
- Máis info:
- No material usaránse as 2 formas de manexar os servizos:
- As capturas de pantallas que proceden de versións anteriores de Debian usan: service.
- Aquelas capturas de pantalla que houbo que actualizar usan: systemctl
Instalación e configuración do servidor DHCP
- Para facilitar a configuración do servidor dserver00 imos conectarnos por ssh/putty dende o equipo real a ese servidor, así poderemos copiar/pegar contidos da web máis facilmente ou copiar configuracións do mesmo servidor ao exterior máis facilmente.
- As pantallas con fondo branco son configuracións no servidor.
- As pantallas con fondo negro son configuracións no cliente.
O ficheiro ten moitos exemplos comentados de como realizar distintas configuracións.
Comezaremos configurado opcións como se amosan na imaxe.
Onde haxa ## é que esas opcións eran as que viñan configuradas por defecto e que foron modificadas no ficheiro
-option domain-name: para indicar o nome de dominio que ofrecerá ao cliente
-option domain-name-servers: para indicar as IPs dos servidores DNS
-option routers: para indicar que porta de enlace deben usar os clientes DHCP.
-default-lease-time: tempo mínimo que se dá a unha concesión IP (en segundos).
Configuración do cliente: uclient02
- Imos crear unha nova MV (uclient02) a partir da OVA ubase.
- Logo veremos a súa configuración IP.
Crear a MV uclient02
Configuración IP do cliente
- Nada máis acender o equipo uclient02, este xa ten configuración IP asignada por dserver00.
- Imos ver por que.
No servidor podemos ver no ficheiro /var/lib/dhcp/dhcpd.leases as concesións realizadas.
Observar que a configuración IP foi asignada a un equipo chamado "ubase". Iso é porque non se lle cambiou o nome ao equipo "uclient02".
Para iso lembrar que habería que editar: sudo nano /etc/hostname. PERO: imos ver máis adiante como o servidor DHCP pode tamén asignar o nome ao equipo cliente.
Reserva de IPs
- Un aspecto interesante é que se coñecemos a MAC dun equipo podemos configurar o servizo DHCP para sempre que ese equipo solicite unha configuración IP lle asigne a mesma IP.
- Esa configuración coñécese co nome de reserva de IPs.
Configuración das reservas IP no servidor DHCP
Engadimos unha nova entrada host ao final do ficheiro /etc/dhcp/dhcpd.conf para realizar a reserva. Indicar o nome para a reserva (non ten porque coincidir co nome de equipo, de feito o equipo aínda se chama ubase), o enderezo MAC do cliente e a IP que se desexa asignar fóra do rango de IPs que se asigna para os equipos que non teñen reserva.
Configuración do uclient02
- Con dhclient interface renovamos a concesión IP no cliente DHCP. Neste caso usamos o parámetro "-v" para ver o proceso que realiza o comando. Observar que ao ter unha reserva obtén a nova IP, 172.16.5.121.
Asignar nome equipo ao cliente
- Unha das cousas que se pode realizar é que o equipo cliente configure o seu nome en función do que lle asigne o servidor DHCP.
- Por agora a MV uclient02 chámase ubase.
Configuración no servidor DHCP do nome do cliente.
Configuración no cliente para configurar o seu nome de equipo
#!/bin/sh
### Script para configurar o nome do equipo
### a partir dos datos enviados polo servidor DHCP
case """"""""$2"""""""" in
up|dhcp4-change)
# Non facemos nada se o servidor
# non nos deu a variable adecuada
if [ -z """"""""$DHCP4_HOST_NAME"""""""" ]
then
exit 0
else
hostname $DHCP4_HOST_NAME
echo $DHCP4_HOST_NAME > /etc/hostname
fi
;;
esac
Instantáneas do escenario 1.C
- Ao igual que se fixo no escenario 1.A e 1.B imos crear unha instantánea no servidor dserver00 e no cliente uclient02.
- A imaxe amosa a instantánea en uclient02, realizar o mesmo en dserver00. Nunca se sabe se precisaremos volver atrás.