Engadir un equipo Windows cliente ao dominio Samba
Introdución
- Neste apartado imos engadir un equipo Windows ao dominio.
- A imaxe amosa o escenario que se pretende montar, pero por agora aínda non están compartidos os recursos por SAMBA no servidor:
Instalación wclient01
- Imos crear unha MV con Windows 10 64 bits (aínda que o proceso é case idéntico con Windows 8, 7 ou mesmo XP): wbase
- Exportaremos o servizo de wbase
- Importaremos a MV como wclient01, coa configuración IP por DHCP básica e obterá esa configuración do servizo DHCP de dserver00.
- Póñense a continuación algúns dos pasos da instalación de wclient01
- Instalación wclient01
-
Creamos a MV wbase
-
Asignamos 1 GB de RAM ou máis se se dispón de memoria física suficiente, así a instalación do Windows irá máis rápida. Unha vez instalada xa se pode baixar a RAM a 1 GB.
-
Configuramos o adaptador de rede como Rede NAT
-
Na instalación, indicamos que é un equipo de traballo ou escola para xestionar usuarios locais.
-
Prememos en Unirse a un dominio de Active Directory local.
-
Creamos un usuario local.
-
Vemos que a configuración IP é collida por DHCP de dserver00.
-
Actualizamos o equipo (Windows Update).
Instalamos as Guest Additions e exportamos a MV wbase. -
Importamos a MV como wclient01 e reiniciamos a MAC.
-
A MV listada no VirtualBox.
-
Imos cambiar o nome do equipo. Premer co botón dereito sobre Este equipo e escoller Propiedades.
-
Premer en Configuración avanzada do sistema.
-
Premer en Cambiar.
-
Indicar o novo nome, premer en Aceptar e Reiniciar o equipo para que o novo nome sexa efectivo.
Engadir un equipo cliente no dominio
- Para engadir un equipo cliente (con Windows) no dominio samba seguiremos os mesmos pasos que debemos seguir para engadir o equipo a un dominio Windows:
- Iniciamos sesión no equipo cliente con un usuario administrador.
- Accedemos á ventá de Sistema do Panel de control (Tamén podemos picar co botón dereito sobre Mi PC ou Equipo e seleccionar Propiedades).
- Picamos na opción para cambiar o dominio ao que pertence o equipo e poñemos o nome do noso dominio
- Ollo, o nome de NetBIOS, o mesmo que puxemos no parámetro WORKGROUP no ficheiro de configuración do servidor samba, sen ter en conta as maiúsculas e minúsculas.
- Pedirásenos un usuario e un contrasinal, e introduciremos root e o contrasinal samba do usuario root.
- Engadir un equipo no dominio
-
En Windows 7 ou superior, temos que facer unha modificación no rexistro de Windows para poder introducir o equipo no dominio, xa que de non facelo obtemos este erro documentado en http://wiki.samba.org/index.php/Windows7
-
Hai que meter dous valores no rexistro de Windows (Executar->regedit) antes de meter o equipo no dominio:
[HKEY_LOCAL_MACHINE\SYSTEM\CurrentControlSet\services\LanmanWorkstation\Parameters]
"DomainCompatibilityMode"=dword:00000001
"DNSNameResolutionRequired"=dword:00000000 -
Agora xa podemos configurar o nome do dominio.
-
Pídenos o usuario co que dar de alta o equipo no directorio de samba.
-
Esta é a mensaxe de benvida.
-
Reiniciamos...
- Podemos comprobar que no servidor LDAP creouse automaticamente a conta de máquina para o equipo (ollo que remata en $):
smbldap-usershow wclient01$ dn: uid=wclient01$,ou=maquinas,dc=iescalquera,dc=local objectClass: top,account,posixAccount,sambaSamAccount cn: wclient01$ uid: wclient01$ uidNumber: 1000 gidNumber: 515 homeDirectory: /nonexistent loginShell: /bin/false description: Computer gecos: Computer sambaSID: S-1-5-21-3472892566-1518861306-3316237868-1001 displayName: WCLIENT01$ sambaNTPassword: A821BEFD0B11C86A3F1BF170D9902C00 sambaPwdLastSet: 1400018447 sambaAcctFlags: [W ]
Iniciar sesión no equipo cliente con un usuario do dominio
Unha vez introducido o equipo no dominio, poderemos iniciar sesión con calquera usuario que teña conta de samba:
- Iniciar sesión no dominio
-
Inicio de sesión no dominio nun equipo Windows XP. Na lista de Conectarse a: debemos seleccionar o dominio.
-
Inicio de sesión no dominio nun equipo Windows 10. Por defecto xa entende que o usuario é do dominio, xa que para iniciar sesión con un usuario local haberá que poñer diante do nome do usuario NomeDoEquipo\ ou .\nomeusario.
-
Como temos configurado o servidor samba para que os usuarios teñan a súa carpeta persoal e o perfil dentro da carpeta persoal no servidor, pero estas carpetas aínda non están compartidas, no inicio de sesión veremos este aviso.
-
Con net user /domain sol podemos ver información dos usuarios do dominio e os grupos aos que pertencen.
-
En Equipo non hai ningunha unidade de rede do servidor. É polo de antes porque aínda non compartimos nada no servidor para SAMBA, está por NFS.
-
Comprobamos o compartido por samba no servidor: \\dserver00.