De AT a ATX

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 21:50 18 oct 2017 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Trátase dunha importante mellora nos Sistemas informáticos, aparecida no 1995, proposta por Intel, e que segue evolucionando ata a súa última revisión no 2004.
Có paso de AT a ATX (Advanced Technology eXtended) producíronse grandes cambios en moitos dos elementos que pronto imos tratar. As novas principais foron:
Atx.gif
  • Mellor ventilación no interior do equipo.
  • Mellor accesibilidade para cambio de pezas e ampliación do PC.
  • Apareceron os portos USB integrados na placa base.
  • Dous PS/2, un para rato e outro para teclado, polo que desaparecía o conector DIN deste último.
  • Tomouse moi en serio o aforro de enerxía. Neste apartado apareceron múltiples estándares que agora cumpren todos os equipos ATX:
- DPMA (Dynamic Power Management Architecture)
- APM (Advanced Power Management)
- ACPI (Advance Configuration and Power Interface)
- OnNow
- WOL (Wake OnLAN): Acendido remoto dos PCs por rede.

Aprende.png
ErP

No referente ao aforro de enerxía, na Unión Europea os equipamentos deben cumprir a Directiva 2009/125/CE, nela se instaura un marco para o establecemento de requisitos de deseño ecolóxico aplicables aos produtos relacionados coa enerxía.


-- Volver