De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Introdución
- Sería interesante que o servidor DHCP actualizase no servidor DNS as concesións que vai ofrecendo, tanto na zona de busca directa iescalquera.local como na zona de busca inversa 5.16.172.in-addr.arpa.
- Nesta sección configurarase dserver00 para que o servizo DHCP actualice automaticamente no servizo DNS as concesións de IP que vai realizando e a quen.
- A seguinte imaxe amosa o escenario a implantar. Séguense conservando todas as funcionalidades dos escenarios anteriores, pero por non sobrecargar a imaxe imos deixala só co que afecta a este escenario.
- Para que o servizo DHCP poida actualizar no servizo DNS precisamos xerar unha chave secreta que compartan os dous servizos para que o servizo DNS confíe no servizo DHCP que está tratando de introducir rexistros nas súas zonas.
Configuración de DDNS no servidor
- Comezaremos creando unha chave secreta.
- Asignaremos esa chave as zonas DNS e ao servizo DHCP.
- Como sempre ao servidor dserver00 conectámonos dende ssh/putty para poder copiar/pegar dun xeito máis sinxelo.
- Configuración DDNS en dserver00
Para xerar a chave secreta usamos ddns-confgen -a hmac-md5 -z iescalquera.local -r /dev/urandom. Obtemos unha chave secreta que ...
Creamos con nano un ficheiro onde gardala, por exemplo en /etc/bind/ddns.key. Observar o nome que lle puxemos á chave (CHAVE-DDNS). Pode ser calquera nome, pero ese nome hai que usalo despois.
Facemos que a ese ficheiro só acceda root e o grupo bind, permisos 540.
Editamos o ficheiro onde temos definidas as zonas /etc/bind/named.conf.local.
Incluímos na configuración o ficheiro anterior coa cláusula include.
En cada zona metemos a entrada allow-update {key CHAVE-DDNS;}; . Ollo con tódolos ";" que hai.
Tócalle agora a quenda ao servizo DHCP. No ficheiro de configuración /etc/dhcp/dhcpd.conf modificar a entrada ddns-update-style de none a interim para que trate de actualizar as concesións no servizo DNS.
Engadir as entradas:
ddns-domainname nome de dominio para indicar o nome do dominio onde realizar as actualizacións.
update-static-leases on para que tamén actualice no servizo DNS as concesións de IP que se fan con reservas.
Na reserva para o equipo uclient02 engadir o nome que se debe rexistrar no servizo DNS coa entrada: ddns-hostname "uclient02";
No mesmo ficheiro engadir ao final un include do ficheiro da chave e as 2 zonas indicando a IP de quen as xestiona (neste caso o mesmo servidor 127.0.0.1) e a chave secreta a usar para cando o servizo DCHP desexe realizar unha actualización en cada unha das zonas.
Reiniciamos os servizos DHCP e DNS.
include "/etc/bind/ddns.key";
zone iescalquera.local. {
primary 172.16.5.10;
key CHAVE-DDNS;
}
zone 5.16.172.in-addr.arpa. {
primary 172.16.5.10;
key CHAVE-DDNS;
}
Configuración no cliente
- No cliente non hai moito que facer, salvo volver renovar a concesión da IP para que o servizo DHCP comece a actualizar no servizo DDNS.
- Configuración DDNS en uclient02
Renovamos a IP de eth0 con dhclient. Tamén poderíamos reiniciar o servizo NetworkManager, reiniciar o equipo, etc. Volvemos a ter a mesma IP da reserva. Pero ...
... Sen facer nada podemos facer un ping uclient02.iescalquera.local e obtemos unha resolución DNS afirmativa. Isto é, o equipo uclient02 foi dado de alta no servizo DNS polo servizo DHCP no momento de realizar a concesión da configuración IP.
O mesmo pasa se só poñemos o nome de equipo. Observar como se completa co sufixo DNS iescalquera.local.
Efectos das actualizacións no servidor
- Imos ver que se esconde detrás desas actualizacións automáticas do servizo DHCP no servizo DDNS.
- Efectos da actualización
Se observamos os ficheiros creados por nós das zonas DNS /var/cache/bind/db.* veremos que non hai cambios.
Esas actualizacións gárdanse nun ficheiro binario para cada zona nun ficheiro con extensión .jnl.
Se reiniciamos o servizo DNS ou executamos rndc freeze actualizaranse os ficheiros de texto das zonas creadas por nós.
Aquí vemos actualizado o ficheiro asociado á zona directa iescalquera.local onde vemos que que está dado de alta o equipo uclient02.
O mesmo pasa co ficheiro de busca inversa.
Instantáneas do escenario 1.D
- Ao igual que se fixo nos escenarios anteriores imos crear unha instantánea no servidor dserver00 e no cliente uclient02.
- A imaxe amosa a instantánea en uclient02, realizar o mesmo en dserver00. Nunca se sabe se precisaremos volver atrás.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --