De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Baseándonos no escenario 1.A imos configurar uclient01.
Importar MV
- Imos crear uclient01 a partir do ficheiro OVA creado no apartado anterior.
- Importar uclient01
Facemos dobre click no ficheiro OVA.
Configuramos o nome uclient01 e marcamos rexenerar a MAC da MV.
Configuración de uclient01
Cambiar configuración IP
- Comezaremos configurando a rede e para iso usaremos o visto no apartado anterior en modo gráfico
- Cambiar IP
Se executamos ifconfig veremos que a interface de rede non ten configuración IP.
Iproute2: ip addr show
Editamos as conexións ...
Vemos que hai dúas configuracións, cada unha delas está asociada a unha MAC. Conexión cableada 1 está asociada á nova MAC. A outra conexión podemos borrala se o desexamos. Editamos a conexión da MAC actual.
Configuramos a nova IP segundo o Escenario 1.A.: 172.16.5.20/24
Revisamos a configuración IP e está OK.
Iproute2: ip addr show
Ping a un equipo exterior tamén funciona.
Cambiar nome
- Agora cambiaremos o nome do equipo. Para iso úsase o ficheiro /etc/hostname e o comando hostname ao igual que se fixo en Debian.
- Cambiar nome
Editamos o ficheiro /etc/hostname que é onde se garda o nome do equipo.
Cambiamos ao nome a uclient01. Saímos gravando con CTRL+X
Se reiniciamos o equipo xa se le o novo nome do ficheiro anterior. Pero se non queremos reiniciar pero queremos cambiar o nome executamos: sudo hostname uclient01. O nome xa é efectivo.
Con saír do sistema, non fai falla reiniciar,
na esquina superior esquerda xa aparece o novo nome.
O ficheiro /etc/hosts
- Como xa se indicou este ficheiro almacena a lista de hosts locais: nomes locais asociados IPs (locais ou non).
- Cambiar /etc/hosts
Como en dserver00, Se facemos ping a uclient01 non hai resposta, pero si a hai se o ping se fai a ubase.
Para iso hai que editar o ficheiro /etc/hosts.
Configuramos uclient01 para que responda a IP local 127.0.1.1, que é o mesmo equipo.
Agora uclient01 resolve correctamente cando se fai ping. E tampouco veremos a advertencia de que non se pode resolver o host uclient01 cando se execute sudo.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --