Crear e configurar dserver00
Introdución
- Baseándonos no escenario 1.A imos configurar dserver00.
Importar MV
- Imos crear dserver00 a partir do ficheiro OVA creado no apartado anterior.
- Importar dserver00
-
Poderiamos clonar a MV dbase para crear dserver00, pero non o imos facer, pois leva máis tempo que importar un ficheiro OVA.
-
Facemos dobre click no ficheiro OVA.
-
Configuramos o nome dserver00 e marcamos rexenerar a MAC da MV.
-
MV importada.
Parametrización de dserver00
Cambiar configuración IP
- Comezaremos configurando a rede e para iso usaremos os ficheiros e comandos vistos no apartado anterior.
- Cambiar IP
-
Por agora o sistema chámase dbase.
-
A configuración IP é a mesma de dbase pero podemos ver que a MAC é distinta.
(ip addr show) -
Cambiamos a IP en /etc/network/interfaces a 172.16.5.10. Usamos o editor nano.
No canto de netmask 255.255.255.0 pódese configurar con address 172.16.5.10/24. Ollo!! que entre a IP, a barra e a máscara non hai espazos. -
Lembrar saír con CTRL+X e gardar.
-
Reiniciar o equipo. Con ifconfig vemos que xa se aplicou a nova configuración de rede.
Na versión 9 de debian a interface terá o nome enpXsY.
Co comando ip addr show obtense o mesmo. -
Con route vemos a porta de enlace.
Co a utilidade de Iproute2: ip route show. -
Vemos a configuración cliente DNS no ficheiro /etc/resolv.conf.
-
Con ping cesga.es vemos que hai conexión ao exterior.
Cambiar nome
- Agora cambiaremos o nome do equipo. Para iso úsase o ficheiro /etc/hostname e o comando hostname
- Cambiar nome
-
Editamos o ficheiro /etc/hostname que é onde se garda o nome do equipo.
-
Cambiamos ao nome a dserver00. Saímos gravando con CTRL+X
-
Se reiniciamos o equipo xa se le o novo nome do ficheiro anterior. Pero se non queremos reiniciar pero queremos cambiar o nome executamos: hostname dserver00
-
O novo nome xa é efectivo. Se se executa hostname vaise ver o novo nome. Pero para velo no prompt é preciso pechar a sesión: exit
-
Observar como xa se ve o novo nome.
-
Tamén no prompt.
O ficheiro /etc/hosts
- Como xa se indicou este ficheiro almacena a lista de hosts locais: nomes locais asociados IPs (locais ou non).
- Cambiar /etc/hosts
-
Se facemos ping a dserver00 non hai resposta, pero si a hai se o ping se fai a dbase.
-
Para iso hai que editar o ficheiro /etc/hosts
-
Vemos porque si responde o ping a dbase
-
Configuramos dserver00 para que responda a IP local 127.0.1.1, que é o mesmo equipo.
-
Agora dserver00 resolve correctamente cando se fai ping.
