Dalvik Debug Monitor Server: (DDMS) - Logcat

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 20:26 26 sep 2017 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎DDMS sen Eclipse)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Dalvik Debug Monitor Server (DDMS) é unha utilidade de debug que permite visualizar o consumo de CPU, de Memoria, de rede. Tamén permite, por exemplo, enviar unha chamada ou SMS a un AVD ou coordenadas GPS para que sexan recollidas nunha aplicación.
  • Uśase tamén para facer debug das aplicacións como se verá na Unidade 2.
  • Para o seu funcionamento precisa da utilidade ADB, e moitas das cousas realizadas con esta utilidade pódense realizar dende o DDMS.
  • Co cal cando se inicia Eclipse, o DDMS inicia o servidor adb.
  • No seguinte enlace pódese obter máis información: http://developer.android.com/tools/debugging/ddms.html
  • IMPORTANTE: Se se está a usar a versión de Android Studio a utilidade chámase "Android Device Monitor".
    • É preciso ter instalado Java
      • No caso de Linux Java 8 ou superior.

Xestión de ficheiros

  • Ao igual que co ADB vanse poder manipular ficheiros do dispositivo pero dun modo gráfico.
  • Importante: Se se está a usar Android Studio:
    • Abrir un proxecto.
    • Ir ao menú de: Tools-->Android-->Android Device Monitor

Parámetros dun proceso

  • Isto serve para comprobar os recursos que consume unha aplicación ou proceso.
  • A continuación vaise lanzar o navegador web no dispositivo e vaise monitorizar.


NOTA: Nas imaxes INTEL vai dai un erro á hora de capturar o tráfico. En caso de querer probar esta funcionalidade baixar unha imaxe ARM dende o Android SDK Manager e crear un novo dispositivo virtual.

Parámetros do dispositivo

  • Podemos comprobar o uso de recursos que fan os procesos no dispositivo.


Enviar datos ao dispositivo

  • Para poder probar as aplicacións nos AVDs ás veces é preciso que estas reciban datos do exterior: unha chamada, un sms, coordenadas gps, etc.


DDMS sen Eclipse

  • Tamén se pode iniciar o utilidade DDMS sen facer uso de Eclipse.
  • A utilidade DDMS está no cartafol tools.
  • Importante: Nas novas versións do SDK para lanzar o monitor este chámase: monitor

Logcat

  • O sistema de log de Android proporciona un mecanismo polo cal vai recollendo toda a información de saída do dispositivo.
  • Esa información pódese capturar e ver con Logcat e tamén se pode filtrar polo tipo de mensaxe.
  • Na UNIDADE 2 do curso usaremos esta utilidade para controlar unha aplicación.
  • Para máis información: http://developer.android.com/tools/help/logcat.html




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2017).