Perigos da electricidade
A Enerxía eléctrica ofrece múltiples beneficios para o ser humano. Sen dúbida a vida é moito máis cómoda e fácil con esta forma de enerxía, pois gracias a ela múltiples dispositivos nos axudan no día a día.
Así e todo, a electricidade tamén pode ocasionar riscos para as persoas que manipulan obxectos que están alimentados con este tipo de enerxía. Hai que ter en conta as seguintes características da Electricidade que a fan un pouco máis perigosa:
- Non é perceptible polos sentidos do ser humano.
- Non ten olor, só é detectada cando un curto circuito descompón o aire aparecendo Ozono.
- Normalmente, non é detectado pola vista.
- Non se detecta ao gusto nin ao oído.
- Ao tacto pode ser mortal se non se está ben illado. O corpo humano actúa como circuito entre dous puntos de diferente potencial. Non é a tensión a que provoca os efectos fisiolóxicos se non a corrente que atravesa o corpo humano.
A enerxía eléctrica, cando percorre o corpo, pode causar os seguintes efectos fisiolóxicos:
- Lesións físicas secundarias (caídas, golpes, etc).
- Fibrilación ventricular, que consiste nun movemento anárquico do corazón, o cal, deixa de enviar sangue aos distintos órganos e, ainda que siga en movemento, non segue o ritmo normal de funcionamento.
- Tetanización, sendo este o movemento incontrolado dos músculos como consecuencia do paso da enerxía eléctrica. Dependendo do percorrido da corrente perderemos o control das mans, brazos, músculos pectorais, etc.
- Asfixia, que se producirá cando o paso da corrente afecta ao centro nervioso que regula a función respiratoria, ocasionando o paro respiratorio.
- Queimaduras. Estas poderán ser de distinta consideración dependendo da corrente e do tempo de exposición. Podemos distinguir varias zonas:
- - Zona 0: Normalmente non hai alteración da pel, a non ser que o tempo de exposición sexa de varios segundos, nese caso, a pel en contacto có electrodo pode tomar un color gris con superficie rugosa.
- - Zona 1: A pel pode voltarse vermella cunha inchazón nos bordes onde estaba situado o electrodo.
- - Zona 2: Provócase unha coloración parda da pel que está situada baixo o electrodo. Se a duración é varias decenas de segundos prodúcese un claro inchazón ao redor do electrodo.
- - Zona 3: Pode provocarse unha carbonización da pel.
Os efectos que poden producir os accidentes de orixe eléctrico dependen dos seguintes factores:
- Intensidade da corrente.
- Resistencia eléctrica do corpo humano.
- Tensión da corrente.
- Frecuencia e forma do accidente.
- Tempo de contacto.
- Traxectoria da corrente no corpo.
Nos puntos onde se fala da Voltaxe, Intensidade e Resistencia faremos mención do comportamento do corpo humano frente ao paso da Corrente Eléctrica por el.
-- Volver