Test Linpack

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 11:30 6 sep 2017 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

O Test de Linpack, desenrolado por Jack J. Dongarra do Argonne National Laboratory (ANL) dos Estados Unidos, converteuse, nos últimos anos, na proba de referencia para medir a eficiencia de sistemas informáticos adicados, esencialmente, ao cálculo científico e técnico, é dicir, a procesos de tratamento numérico.

É, de todas as probas coñecidas, a que se aplica a un maior número de sistemas, dende superordenadores vectoriais, ata ordenadores persoais ou estacións de traballo, e deles, o ANL presenta táboas que actualiza, a lo menos, trimestralmente.

A proba consiste na resolución dun sistema denso e aleatorio, de 100 ecuacións lineais con 100 incógnitas, utilizando subrutinas FORTRAN dos paquetes Linpack e BLAS. O tempo de execución divídese polo número de operacións (adicións e multiplicacións) en coma flotante (Flops), para dar unha medida da potencia de cálculo do sistema, avaliada en MFLOPS/s.

A importancia e significación deste test, para os sistemas adicados á computación, débese fundamentalmente ás seguintes características:

  • Proporciona una métrica MFLOPS/s que, a diferencia de outras como MIPS ou Whetstone, é independente da arquitectura e da configuración do sistema e depende só do proceso numérico a realizar.
  • É unha medida "real", obtida a partires dunha proba e non a partires características teóricas do fabricante, como tempos de ciclo, tamaño de memoria cache, etc.
  • Ao ser unha proba realizada cun programa FORTRAN, inclúe unha medida da eficiencia do compilador, polo que é unha medida non só da capacidade da Unidade Central, senón de todo o sistema.
  • Non é unha proba sintética, senón un programa de utilización masiva en todos os campos da ciencia e da técnica.

Enlaces interesantes:

-- Volver