Compartición de recursos por NFS nun dominio con LDAP
- Nesta sección veremos a configuración necesaria para compartir por NFS para os clientes Linux as carpetas persoais dos usuarios do dominio e comúns.
Compartir as carpetas por NFS
- En primeiro lugar, compartimos en FreeNAS as carpetas por NFS.
- Compatir carpetas por NFS en FreeNAS
-
Picamos no botón de Compartido da barra superior e Entramos na lapela NFS(Unix).
-
Vemos que non hai comparticións feitas por NFS. Picamos en Add Compartidos NFS (Unix) para engdir unha.
-
Introducimos un comentario para a compartición e ruta da carpeta a compartir: /mnt/datos/usuarios. En lugar de aceptar, imos picar no Modo Avanzado para cambiar unha opción máis.
-
Introducimos en Redes Autorizadas as direccións das redes que van estar autorizadas a acceder á carpeta compartida, que será a nosa rede local: 172.16.5.0/24.
-
Ao compartir a carpeta, xa nos pregunta se queremos activar o servizo. Dicimos que si.
-
Podemos ver o servizo NFS xa activado.
-
Volvemos ás comparticións NFS para compartir a carpeta comun.
-
Introducimos un comentario, a dirección da rede autorizada e a ruta da carpeta, que neste caso será /mnt/datos/comun.
-
Vista das dúas carpetas compartidas.
Configurar os equipos cliente para acceder ás carpetas almacenadas en FreeNAS
- Agora só nos queda cambiar a configuración dos clientes Linux para que utilicen esas carpetas compartidas.
- En uclient01 editamos o ficheiro /etc/fstab para modificar as liñas que montan as carpetas /home/iescalquera e /media/comun (Podemos poñer a dirección IP do equipo nas00 ou o nome de DNS se o damos de alta na zona iescalquera.local):
172.16.5.12:/mnt/datos/usuarios /home/iescalquera nfs defaults,_netdev 0 0 172.16.5.12:/mnt/datos/comun /media/comun nfs defaults,_netdev 0 0
- Desmontamos as dúas carpetas e volvémolas a montar coa información do ficheiro /etc/fstab:
sudo umount /home/iescalquera
sudo umount /media/comun
sudo mount -a
- Iniciamos sesión en uclient01 co usuario sol.
- Acceder dende Linux a carpetas en NAS
-
Comprobamos que podemos acceder á carpeta persoal e escribir nela.
-
En nas00 podemos ver a carpeta creada por sol na súa carpeta persoal.
-
sol tamén pode acceder ao contido de comun.
