Introdución e características de FreeNAS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:38 30 ene 2017 de Antonio (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Os sistemas NAS

Caixa NAS
  • Como vimos no apartado anterior, se queremos dotar ao noso sistema de alta dispoñibilidade no tocante ao almacenamento dos datos, convén separar o máximo posible o sistema de procesamento dos datos do sistema de almacenamento.
  • Desta forma, un servidor pode fallar e os datos seguirán estando accesibles tanto para outros servidores como para os clientes da nosa rede.
  • O máis habitual nos sistemas actuais é que os servidores que executan os servizos da rede (como pode ser o controlador dun dominio) se executen sobre máquinas virtuais, e os datos residan en sistemas de almacenamento independentes.
  • Grazas as ferramentas de virtualización, incluso podemos configurar conxuntos ou pools de servidores físicos para facer que os servizos poidan ser executados por calquera servidor do conxunto. Así se un servidor deixa de funcionar os servizos pasarán a ser executados automaticamente por outro servidor do pool, de maneira que o servizo estará dispoñible en todo momento.
  • Por iso, cada vez é máis frecuente a implantación de caixas ou sistemas NAS; cabinas de discos que xestionan os dispositivos de almacenamento e fannos accesibles pola rede a través de diferentes protocolos.
  • Aínda que reciban o nome de sistemas NAS, coa introdución do protocolo iSCSI estes sistemas tamén poden actuar como sistema de almacenamento nunha rede SAN.

Características de FreeNAS

Logo de FreeNAS
  • FreeNAS é unha distribución baseada en FreeBSD (sistema operativo libre baseado en Unix), orientada a ser usada como servidor de almacenamento remoto nunha rede utilizando tecnoloxía NAS (coa implementación dos protocolos CIFS, NFS e AFP, entre outros), e tamén nunha rede SAN (grazas á incorporación do protocolo iSCSI).
  • Ofrece unha ferramenta de administración web que permite xestionar os volumes de datos do sistema e a súa compartición, así como os servizos que o sistema FreeNAS presta na rede.
  • Ademais dos protocolos xa comentados, soporta FTP, SSH, SFTP e TFTP.
  • Soporta sistemas de ficheiros ZFS. Incluíndo neste caso características de cotas, instantáneas e cifrado dos datos, entre outras.
  • Soporte de USB 3.0.
  • Soporta autenticación contra un Directorio Activo de Windows e contra un servidor LDAP, de forma que pode tomar os usuarios e grupos para a restrición do acceso aos volumes de datos destes dous servizos.
  • Soporta os esquema de permisos propios de Unix e as ACLs de Windows.
  • FreeNAS permite instalar diferentes plugins para ampliar o seu funcionamento, como facer streaming de multimedia (como Firefly que é un servidor de streaming DAAP, ou MiniDLNA que é unha servidor de streaming DLNA), protocolos alternativos (como bittorrent, por exemplo) ou aplicacións web.
  • Ofrece unha documentación moi detallada na que se pode ver como funcionan todas as súas funcións, dispoñible en: http://doc.freenas.org
  • Polo tanto, con FreeNAS podemos utilizar calquera ordenador para implantar un sistema NAS, con un menor custo e unha maior flexibilidade que as caixas NAS comerciais.
  • Ademais, a nivel didáctico temos a posibilidade de poñer en práctica co alumnado sistemas NAS utilizando calquera equipo ou incluso unha máquina virtual (xa que neste caso o rendemento non nos importa demasiado), sen ter que adquirir un hardware específico.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --