Exportar servizo virtualizado de ubase
Introdución
- A MV de Ubuntu creada é para tela de base para crear outras MVs a partir dela.
- Ao igual que coa MV Debian dbase, imos exportar ubase como Un servizo virtualizado a un ficheiro OVA, para así ter unha copia da MV base tal cal está recén instalada.
- Así poderemos crear MVs a partir deste ficheiro, pasarllo a outros usuarios, volver a el no caso de que unha MV nos falle, etc.

No seguinte enlace do Curso Formación Profesorado: Platega: Simulación de redes locais con máquinas virtuais hai información sobre como Exportar/Importar un servizo virtualizado: Servizos virtualizados: Exportar / importar MV
Exportar ubase
- Imos pasar a MV dbase a un ficheiro OVA.
- Exportar ubase
-
En VirtualBox premer no menú Archivo -> Exportar servicio virtualizado.
-
Indicar o lugar e nome onde se vai gardar. Escoller tamén a versión do ficheiro OVA.
-
Aínda que indica que vai levar 17 minutos, non levará máis de 5.
-
MV dbase exportada. Observar o tamaño do ficheiro que pequeno é.