Exportar servizo virtualizado de dbase
Introdución
- A MV creada no apartado anterior é para tela de base para crear outras MVs a partir dela.
- Imos exportala como un Servizo Virtualizado a un ficheiro OVA, para así ter unha copia da MV base tal cal está recén instalada.
- Así poderemos crear MVs a partir deste ficheiro, pasarllo a outros usuarios, volver a el no caso de que unha MV nos falle, etc.

No seguinte enlace do Curso Formación Profesorado: Platega: Simulación de redes locais con máquinas virtuais hai información sobre como Exportar/Importar un servizo virtualizado: Servizos virtualizados: Exportar / importar MV
Exportar dbase
- Imos pasar a MV dbase a un ficheiro OVA.
- Exportar dbase
-
En VirtualBox premer no menú Archivo -> Exportar servicio virtualizado (Podemos antes apagar a máquina Debian co comando poweroff).
-
Escoller a MV a exportar, dbase, neste caso.
-
Indicar o lugar e nome onde se vai gardar. Escoller tamén a versión do ficheiro OVA.
-
Exportala.
-
MV dbase exportada. Observar o tamaño do ficheiro; que pequeno é.