De Manuais Informática - IES San Clemente.
Introdución
- Como se indicou na Parte 0 do curso (Uso de Máquinas Virtuais) vaise usar VirtualBox e o modo de rede: Rede NAT que permite que cada MV se comunique coas MVs instaladas no host e con internet.
- Para iso debemos crear unha Rede NAT para asignala aos adaptadores de rede das MVs.
Configuración de "Rede NAT"
- Configuración Rede NAT
-
Ir ao menú Archivo-> Preferencias de VirtualBox.
-
Engadir unha Rede NAT.
-
Editar a rede.
-
Se se desexa pódese cambiar o nome da rede (NatDominios, neste caso) e configurar a rede IP que se vai usar (172.16.5.0/255.255.255.0, neste caso). Nesta ocasión deshabilitouse DHCP pois vanse asignar as IPs de forma manual ou a través dun servidor de DHCP configurado por nós.
-
A nova Rede NAT.
-
A sentencia VBoxManage list natnetworks amosa a configuración da Rede NAT. Observar como o equipo host actúa como porta de enlace e ten a IP 172.16.5.1 (a primeira IP do rango).