Preparar un CD de Windows personalizado
Introdución a nLite e vLite
nLite é un asistente para crear un CD personalizado de Windows, poderemos quitar compoñentes, engadir drivers, agregar actualizacións, Service Packs,... e logo facer unha imaxe ISO que podemos pasar a un CD.
nLite é compatible con Windows 2000, XP e 2003.
Có lanzamento de Windows Vista apareceu un programa similar pero para este sistema operativo, chamado vLite.
nLite
Como xa se comentou, é unha utilidade sinxela que permite elixir libremente os compoñentes que non queres incluír na túa instalación de Windows 2000, XP e 2003, creando logo un CD instalable. Ademais poderase crear o CD engadindo as últimas actualizacións do sistema operativo (Service Packs), drivers de hardware que teña o equipo no que se instalará o Sistema Operativo e que non estea por defecto e moitas opcións de configuración máis.
Trátase dunha ferramenta que nos permite crear un CD de instalación de Windows totalmente personalizado.
Esta é unha utilidade freeware e pódese descargar dende a páxina web www.nliteos.com.
- Para a instalación de nLite precísase ter o .NET Framework 2.0.
vLite
vLite é unha ferramenta para personalizar a instalación do Windows Vista.
As súas características principais son:
- Actualizacións, packs de linguaxes e integración dos drivers.
- Eliminación dos compoñentes non desexados.
- Instalación desatendida.
- Pequenos retoques á instalación.
- Creación dunha imaxe ISO e queimar un CD/DVD de instalación.
Enlaces interesantes
- ¿Como descargar actualizacións de Windows?.
- Double Driver para facer copia de seguridade dos drivers.
--Vieites 15 out 2008