Instalación de debian: dbase
Introdución
- A continuación vaise proceder a instalar unha MV có Sistema Operativo: debian (8.X.0 de 64 bits (Nov 2014). (Nas imaxes verase que se instalou a versión 6.0.3 da primeira edición, pero o procedemento é o mesmo).
- Descargouse de debian o dvd número 1: http://cdimage.debian.org/debian-cd/8.6.0/amd64/iso-dvd/
- Vaise instalar unha MV debian chamada dbase, que se usará como mestra para nun futuro poder clonar varios equipos Debian a partir dela
- Nesta parte VI non se vai actualizar ningún S.O. nin instalar ningunha utilidade. Todo iso farase na parte VII.
- A continuación vaise instalar a MV dbase do escenario 4.B.
Creación da MV
- Creación da MV
-
Premer en New VM.
-
Seleccionar a planilla de acorde ao S.O. que se vai instalar: debian X.0 64 bits. Pódese usar unha planilla anterior á versión de debian que se está instalando Na parte VII do curso aprenderase a xestionalas.
-
Indicar o nome da MV: dbase.
-
Indicar onde se atopa o DVD de instalación.
-
Indicar que é unha imaxe ISO, que seleccionaremos do repositorio anteriormente engadido.
-
Indicar en que servidor se vai executar esta MV.
-
Indicar cantas CPUs e RAM se van asignar. Neste caso 1 CPU e 256 de RAM. Estes valores poden cambiarse a posteriori.
-
Indicar o tamaño do disco. A plantilla asígnalle 8 GB por defecto e non deixa baixar dese valor. Tamén se lle poden engadir máis discos.
-
Non deixa engadir un disco cun tamaño inferior ao que marca a plantilla.
-
Interfaces de rede: pódense lle engadir tantos como se desexen.
-
Observar que se asigna sobre os interfaces de rede virtuais (Network0 e Network1) e non sobre os interfaces físicos (NIC0 e NIC1)
-
Varios interfaces de rede asignados á MV á modo de proba.
-
Finalmente deixar un único interface de rede.
-
Resumo da MV que se vai crear. Marcar que se inicie a nova MV de xeito automático unha vez creada.
Instalación de debian
- A continuación amósanse aquelas pantallas de instalación máis significativas para a instalación de debian.
- Indicar que este acabará instalado en inglés aínda que se seleccione o español.
- Creación da MV
-
Ao rematar de crear a MV esta xa se inicia. Situarse na lapela Console para poder interactuar coa MV. Observar como na parte superior da consola aparece o dispositivo DVD indicando a Imaxe ISO que ten cargada. Se se preme en Unlock tense unha xanela independente coa esa consola. Na consola seleccionar a primeira liña se se desexa seleccionar un idioma distinto do Inglés.
-
Seleccionar o continente: Europe
-
Instalación de parte do sistema... Asignar a IP por DHCP, se se ten un servidor DHCP, senón configurar unha IP calquera, pois na parte VII adaptarase ao novo escenario.
-
Nome de equipo: dbase
-
Contrasinal: abc123.
-
Usuario a maiores: neste caso administrador, pode ser calquera.
-
Particionar o disco por defecto usando todo o disco e ...
-
Unha soa partición.
-
Configurar o debian para que use un mirror de rede.
-
Deshabilitar en contorno gráfico e habilitar SSH.
-
Rematar a instalación, reiniciar e xa se pode entrar no sistema. É aconsellable expulsar (Eject) a imaxe ISO do soporte DVD.
Parámetros de configuración da MV
- Parámetros da MV
-
En General indícanos que as XenServer tools non están instaladas. Iso farase na parte VII. Non facelo agora.
-
En Memory indícanos a memoria asignada e esta pode editarse.
-
En Storage amosa como se atopa a unidade de DVD e os discos virtuais que ten asignados a MV.
-
En Networking vense os parámetros de rede, pero por agora non nos amosa a IP.
-
En Performance indica parámetros de rendemento da MV.
-
En Snapshpots permite realizar instantáneas da MV.
-
En Logs amosa o rexistro do que se leva realizado na MV.
- E por agora é suficiente. Deixar a MV neste estado até a espera de novas instrucións na parte VII.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 1014)