Instalación de Debian
- En primeiro lugar descargaremos unha imaxe ISO do sistema operativo que se desexa instalar, que neste caso será Debian de 64 bits, que se pode obter en http://www.debian.org.
- Da mesma forma que nos casos anteriores de instalación das máquinas cos sistemas operativos de escritorio, creamos en primeiro lugar unha nova máquina virtual.
Creación da máquina virtual
Establecemos o tamaño da RAM a 512 MB ou 1024 MB. Logo poderemos comprobar efectivamente que se non utilizamos o contorno gráfico o consumo de memoria do sistema é moi baixo, pero a RAM necesaria dependerá dos servizos que logo configuremos no sistema convidado (aínda que é moi sinxelo modificar este parámetro se fose necesario despois).
establecendo un tamaño de 20 GB (neste caso, se a nosa intención e optimizar o rendemento deste servidor virtualizado, nos interesará definir o disco como de tamaño fixo en lugar de expansión dinámica, xa que a velocidade de acceso é algo maior). Recórdese que ao non indicar en que carpeta se debe almacenar o disco, este gardarase na carpeta predeterminada de máquinas configurada nos parámetros de configuración de VirtualBox.
Instalación do Sistema Operativo
Amósanse a continuación os pasos básicos para facer unha instalación de Debian como sistema operativo convidado. Obviamente, en cada caso dependendo dos obxectivos do sistema as características que se seleccionen durante o proceso de instalación poderían ser diferentes ás que aquí se mostran:
Chega un dos momentos máis delicados e particulares da instalación, que é o particionamento dos discos. As opcións que se deben coller neste punto son moi variables en función dos sistemas que teña xa instalados a máquina, a función que vai desenvolver este servidor, etc. Non nos imos parar a examinar as posibilidades que se nos ofrecen, xa que non é o obxectivo do curso afondar na instalación e configuración de Debian, e por iso escollemos a opción máis simple, que é usar o particionamento guiado usando o disco completo (Xa que nesta MV só vai ir instalado este sistema operativo).
Coa escolla realizada, simplemente teremos unha partición para o sistema (a primaria) e outra para espazo de intercambio ou swap (a lóxica). Como se pode observar, teríamos opcións para configurar un RAID, o LVM ou volumes de disco cifrados, cuestións moi interesantes pero que tamén se escapan aos obxectivos do curso. Escollemos a opción de rematar e gardar os cambios.
Este é outro paso da instalación no que a selección que faremos dependerá en gran medida das funcións que vai realizar o servidor e dos recursos do mesmo. Por exemplo, para montar un servidor que consuma os mínimos recursos, desactivaremos o Entorno de escritorio, aínda que así non disporíamos de escritorio gráfico no equipo. Activamos o Servidor SSH para poder acceder ao equipo de forma remota.