Servizos virtualizados: Exportar / importar MV
Introdución
Trátase de que se poidan Exportar/Importar máquinas virtuais entre distintos fabricantes de ferramentas de virtualización ou hipervisors. Para iso creouse un estándar aberto, que recibe o nome de OVF (Open Virtualization Format), para empaquetar unha máquina virtual. Un ficheiro con ese formato empaqueta unha máquina virtual.
Desta forma poden pasarse máquinas virtuais entre usuarios de modo que o ficheiro OVF ocupa como mínimo un 50% menos que a MV. E esta, precisamente, é a verdadeira potencia deste servizo, pois permite nunha aula pasarlle a MV ao alumnado a través da rede na metade do tempo, como mínimo.
Exportar un servizo virtualizado
- Exportar servizo virtualizado
-
No menú Ficheiro de VirtualBox premer en Exportar servizo virtualizado.
-
Seleccionar a MV a exportar. Neste caso wclient.
-
Escoller o lugar onde se desexa gardar o ficheiro. Como ben explica o cadro de diálogo, se se indica a extensión .ova fai o mesmo pero xera un só ficheiro, en realidade fai un tar (empaquetado) do directorio que contén os ficheiros .ovf. Podemos seleccionar a versión do formato OVF a utilizar, xa que as recentes versións de VirtualBox soportan a versión 2.0 deste formato (publicada en xaneiro do 2013).
-
Pódese facer dobre clic en cada un dos campos e cambiar/engadir información asociada á MV exportada. Finalmente premer en Exportar.
-
Ventá que mostra o proceso de exportación.
-
Realizar o mesmo coa MV de uclient, e comparar o tamaño dos discos duros das MV e dos ficheiros .ova.
Importar un servizo virtualizado
No momento da importación dun servizo virtualizado pódense configurar todos os parámetros da nova MV importada.
- Importar servizo virtualizado
-
Premer en Ficheiro -> Importar servizo virtualizado ...
-
Picamos no botón que aparece coa icona dunha carpeta.
-
Seleccionar o ficheiro .ova a importar.
-
Facendo dobre clic nos campos de configuración da MV pódese cambiar o valor destes (CPUs, RAM, Rede, Nome, etc, etc).
-
Proceso de importación da MV.
-
Nova MV (wclient_1) resultado da importación anterior.
- Outra maneira de importar un servizo virtualizado (OVA) e facer dobre click sobre o ficheiro comprimido en formato OVA, e xa abre o VirtualBox e comeza o proceso de importación.