Parámetros de configuración de VirtualBox

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:51 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Observacións iniciais)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Observacións iniciais

  • Nos apartados anteriores viuse como se instalaba VirtualBox tanto nun host Windows como nun host Ubuntu.
  • Para elaborar o material vaise traballar co VirtualBox que está instalado sobre o host Ubuntu, pois os dous son idénticos. Pero o usuario pode traballar con VirtualBox sobre un host Windows ou MAC, pois os parámetros de configuración son os mesmos.
  • Indicarase no material cando haxa algunha diferenza de funcionamento ou operativa entre os dous tipos de anfitrións (hosts).


Aprende.png
LEMBRA QUE...


Un hipervisor tipo II execútase sobre un Sistema operativo.

Simulacion Redes MMV Tipo2.jpg

Parámetros xerais de VirtualBox

Imos ver para comezar algúns conceptos básicos da configuración de VirtualBox. Prestar atención porque o Hipervisor VirtualBox ten un menú propio e logo cada máquina virtual que se cree ten o seu propio. Nesta ocasión imos centrarnos no primeiro caso.

As demais fichas veranse máis adiante.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --