Windows: Servidor DHCP básico
- Neste apartado vaise instalar a configuración do escenario da imaxe.
- En wserver vaise instalar o servizo de DHCP.
- Crearase un ámbito: "IPs LAN"
- Rango IPs: 172.16.1.101 a 172.16.1.200
- Máscara: 255.255.0.0
- Porta de enlace: 172.16.0.1
- O propio servidor ofrecerá para todo ámbito que se cree as seguintes Opcións:
- Servidor DNS: 172.16.0.110
- Nome de dominio DNS: "wcarpediem.local"
- Crearase un ámbito: "IPs LAN"
- Nos clientes:
- Obterase a configuración IP por DHCP.
Configuración previa da MV wserver
- Antes de comezar faremos unha instantánea de wserver coa MV apagada e apagaremos dserver xa que non intervirá no escenario.
-
A MV wserver xa debera estar configurada do escenario anterior cun único adaptador en modo Rede interna ou Rede NAT se non se quere facer uso da máquina router. Neste último caso, é importante desactivar o servidor DHCP da configuración da rede NAT para evitar ter dous servidores DHCP na rede.
-
e coa configuración IP da imaxe.
Instalar o servizo DHCP en wserver
- Para instalar e configurar o servizo DHCP, ir ao menú Inicio->Ferramentas administrativas->Administrar o servidor
-
Premer en Agregar roles da categoría Roles.
-
Seleccionar o servidor DHCP.
-
Pódese ler, aínda que sexa, polo menos a primeira vez, a información de axuda.
-
Seleccionar sobre que interface de rede vai escoitar o servizo DHCP. Neste caso só hai un.
-
As opcións Dominio Primario e Dirección IPv4 (e Alternativo) que se configuran nesta pantalla son opcións de servidor e que valerán para tódolos ámbitos que se creen neste servidor.
-
Dende Windows 2000 non fai falla usar WINS
Crear un ámbito
- Un ámbito é un agrupamento de enderezos IPs e doutras opcións que o servidor pode ofrecer aos clientes.
- Os ámbitos pódense crear e eliminar en calquera momento.
- Nesta ocasión vaise crear un aproveitando que se está instalando o servidor.
-
Premer en Agregar.
-
Configurar o nome do ámbito, os rangos de IPs, a máscara e a porta de enlace.
-
Información sobre o ámbito creado. Poderíanse agregar máis, tanto agora como máis tarde. A posibilidade de ter varios ámbitos é sobre todo necesaria cando se teñen VLANs e os clientes están en redes-IP distintas e a configuración IP realízase de modo automático.
-
Deshabilitar IPv6
-
Resumo do que se vai instalar.
Configuración do servidor DHCP
- Algunhas das opcións configuradas perante a instalación poden ser modificadas unha vez instalado o servizo.
-
Pódese administrar o servizo dende o menú Ferramentas Administrativas ir a DHCP ou ben dende Administrar o servidor .
-
Observar as opcións do servidor de DHCP. Opcións para tódolos ámbitos que se creen no servidor.
-
Pódense modificar ou engadir máis.
-
Mirar como está configurada a opción Servidores DNS, por exemplo.
-
Notar que as opcións do ámbito 006 e 015 son en realidade do servidor. O ámbito herda as opcións do servidor.
-
E tamén se poden modificar as súas opcións ou engadir máis.
-
Á única opción propia do ámbito é o Enrutador.
-
Observar como a opción 006 non está configurada para este ámbito en particular.
-
Tamén se pode indicar dentro do intervalo de IPs cales non se poden usar.
-
Especificaríase que rango de IPs dentro do rango de IPs de concesión non se poderían usar.
Para afondar máis sobre DHCP en Windows
