Control remoto dende equipos Windows con UltraVNC

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 21:06 6 abr 2016 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎Instalación do programa)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Características e funcionamento do VNC

VNC (Virtual Network Computing ou Computación Virtual en Rede) é o acrónimo co que se coñece un software que permite controlar de forma remota un equipo dende outro. Os compoñentes do sistema VNC son:

  • Servidor VNC: É o equipo que comparte a pantalla e pode ser controlado de forma remota.
  • Cliente VNC: É o equipo vixía, controla e interactúa co servidor.
  • Protocolo VNC: É a norma que define a comunicación entre o cliente e o servidor, permitindo transmitir ao cliente a imaxe da pantalla e do cliente ao servidor os eventos para controlar o seu funcionamento.

O obxectivo do sistema é que o uso deste software sexa independente do sistema operativo que utilicemos tanto no cliente como no servidor. Desta forma poderemos controlar dende un equipo Windows outro con Linux, ou viceversa, por exemplo.

Por defecto o servidor VNC usa os portos 5900 para conexión de clientes VNC e 5800 para conexión HTTP (e os portos consecutivos a partir destes para distintas pantallas virtuais que se poden definir).

O software VNC pode usarse para controlar de forma remota equipos tanto dentro da rede local como equipos a través de Internet, pero neste caso pode ser necesario configurar regras nos routers para que redirixan correctamente as conexións que cheguen aos equipos que queiramos controlar e aos portos adecuados (hai que ter en conta que na maioría dos casos os routers fan a función de NAT, e isto impide as conexións dende Internet ás máquinas da rede local, recórdense os apartados de Conceptos básicos de redes: OSI, TCP/IP, MAC, Enderezo IP, switch, router, porto, NAT, ... e Escenario 2.A: NAT). A isto hai que sumar que en moitos casos os equipos en Internet teñen direccións IP dinámicas (que se asignan por DHCP), polo que teremos que saber que dirección IP ten no momento actual o equipo ao que nos queremos conectar (salvo que fagamos uso dun servidor de DNS dinámico).

Por iso existen solucións de control remoto a través de Internet como TeamViewer, LogmeIn, RemotePC ou Chrome Remote Desktop que se basean no establecemento dunha conexión saínte dende o equipo que se quere controlar a un servidor intermedio en Internet que será utilizada como túnel inverso para controlar ese equipo dende outro equipo en Internet. Como é unha conexión que establece o equipo con un servidor en Internet (e non ao revés), non ten problema cos firewalls que haxa polo medio e con NAT. Dende a máquina remota conectarémonos ao servidor intermedio (de Teamviewer, LogmeIn, ou o que sexa o caso) que usará esa conexión xa aberta para controlar o equipo. Neste curso non veremos estas opcións, xa que como versa o título do curso centrarémonos na conexión de equipos en redes locais, pero preténdese deixar claras as principais opcións de control remoto que podemos atopar.

Instalación de UltraVNC no equipo que queremos controlar

Existen distintas implementacións de VNC dispoñibles tanto para Windows como para Linux. As máis estendidas son RealVNC, TightVNC e UltraVNC. Imos utilizar esta última porque é a que proporciona máis opcións de autenticación e permite tomar os usuarios dun dominio Windows.

Instalación do programa

O primeiro paso será a descarga e instalación do programa:


Configuración do servizo UltraVNC

Nos equipos nos que instalemos o servidor VNC, teremos que configuralo para que actúe de acordo ás nosas preferencias. Imos ver cales son os pasos básicos da configuración do servidor con UltraVNC:


Configuración do firewall de Windows

Dado que o servidor VNC recibe as peticións polos portos 5900 e 5800, o firewall de Windows (ou o firewall que haxa instalado no equipo, se é que hai instalado un firewall de outro fabricante) deberá aceptar estas conexións se queremos conectarnos dende un equipo remoto. Ao instalar UltraVNC, configúranse as regras necesarias no firewall de Windows polo que non é necesario facer ningún cambio explícito, pero imos ver estas regras para saber como son e como se crearían en caso necesario:


Instalación de UltraVNC no equipo visor

A instalación de UltraVNC no equipo dende o que nos imos conectar ao servidor VNC para controlar outros equipos, será moi similar á explicada anteriormente. Móstranse a continuación os pasos que difiren sobre os da instalación no equipo a controlar:


Uso do visor de UltraVNC

Imos ver as opcións máis básicas que nos ofrece o visor de UltraVNC, que podemos lanzar coa icona que teremos no escritorio:




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --