Linux: Configuración dos clientes e reservas de enderezos
- Configurado o servidor DHCP agora vanse configurar os clientes wclient e uclient.
- O proceso é moi sinxelo.
- Vaise partir de que os clientes están configurados para obter a IP por DHCP e que veñen do escenario anterior DHCP, onde xa tratan de renovar a mesma IP que xa tiñan: 172.16.1.X
Configuración IP dos clientes
-
Na MV wclient a renovación IP faise co comando ipconfig /renew. Pódese observar que agora a IP ten o formato: 172.16.2.X
-
En Ubuntu vese claramente como o cliente, ao executar o comando dhclient -v, quere renovar a IP 172.16.1.111 que tiña do escenario anterior. Pero o servidor DHCP provedor desa IP está apagado. Por tanto, acaba tendo unha nova IP dun novo servidor.
-
A nova configuración IP de uclient...
-
e a configuración do cliente DNS, onde se pode ver o sufixo DNS.
-
Podemos ver a lista de direccións IP asignadas polo servidor DHCP, picando no botón de Listar Arrendamentos Activos do módulo de Webmin.
-
Na imaxe podemos ver as asignacións feitas a wclient e uclient.
Probas de conectividade
- O usuario xa é quen de probar pola súa conta as conectividades entre os distintos elementos da LAN.
- Pódese facer pings a o que se desexe, pero ollo que mentres non se fagan cambios nas zonas DNS, que se farán no seguinte apartado, pódense obter resultados confusos nas consultas aos nomes dos hosts wclient e uclient.
Reservas de enderezos
- Pódese especificar que para un equipo concreto, a través do seu enderezo MAC, sempre se lle asigne unha mesma IP. É o que se coñece como reserva de enderezos.
- Imos ver como definir unha reserva con Webmin:
-
Antes de nada, imos copia o enderezo MAC de wclient na lista de arrendamentos activos do Webmin, xa que o precisaremos para facer a reserva.
-
Webmin da o nome de máquinas ás reservas, así que para crear unha reserva picaremos en Engadir unha nova máquina.
-
Para crear a reserva introduciremos unha descrición e o nome da máquina (podemos poñer o mesmo, wclient) e seleccionaremos o rango ao que vai estar asociada (subrede 172.16 que é o único rango que temos definido no servidor DHCP). Pegamos o enderezo MAC de wclient no campo de Dirección Hardware e introducimos a dirección IP que queremos asignar sempre a esa máquina, neste caso a 172.16.2.111. Fixarse en que introducimos unha dirección que non está no rango que se asigna ao resto das máquinas. Gardamos...
-
e aplicamos os cambios no servidor DHCP.
-
Renovar a concesión de IP no cliente. Observar como agora ten a IP da reserva.