Problemas coa caché dos clientes DNS windows
Problema 1: tratar de realizar resolucións DNS de equipos que aínda non están dados de alta no servidor DNS
- O problema que se vai describir a continuación téñeno tódolos equipos Windows Cliente, independentemente de se os servidores DNS son Windows, Linux, etc. O problema, en realidade, é do cliente.
- Este problema relacionado coa caché dos clientes Windows non a teñen os clientes Linux, pois eles non fan uso da caché.
- Imaxinar a seguinte situación, un cliente Windows trata de resolver o enderezo dun equipo que aínda non existe no servidor DNS.
- O cliente DNS almacenou na súa caché que ese equipo non existe: ipconfig /displaydns.
- Por outra banda, un cliente Linux trata de facer o mesmo:
- Observar cal é o problema que se ten cando se dá de alta, a posteriori, o equipo r na zona wcarpediem.local.
-
Dar de alta o equipo r na zona wcarpediem.local con IP, por exemplo, 172.16.0.1.
-
Comprobar a resolución DNS nun cliente Linux, funciona perfectamente.
-
Comprobar a resolución DNS nun cliente Windows, segue sen funcionar, aínda que o equipo r xa está dado de alta.
-
Para que funcionase a resolución DNS para ese equipo r nun cliente Windows habería que reinicialo ou baleirar a caché: ipconfig /flushdns
-
Con ipconfig /displaydns vese que a caché está baleira.
-
E agora si que xa funciona a resolución DNS para o equipo r.wcarpediem.local
Problema 2: realizar resolucións DNS de nomes de dominio que están balanceados en distintos equipos
- Google, ofrece os seus servizos a través de varios servidores distintos.
-
Co comando nslookup pódense coñecer cales son as IPs dos distintos servidores que atenden os servizos ofrecidos por, neste caso, Google.
-
Neste caso o comando nslookup executado nun cliente Linux.
-
Nun cliente Linux cada vez que se fai unha resolución DNS a un nome de dominio que está balanceado obtense unha IP distinta, e así vaise distribuíndo a carga entre os distintos servidores que ofrecen un servizo. Pero ...
-
...nun cliente Windows, unha vez que se fixo a primeira resolución DNS o cliente almacena na súa caché a IP asociada a esa resolución, e non vai balancear as futuras consultas sobre os distintos servidores que ofrecen un servizo. Para resolver ese problema habería que baleirar a caché DNS do cliente de cando en cando.