Compartir impresoras en rede con Windows

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 17:39 8 mar 2016 de Antonio (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Neste apartado abordaremos a instalación e compartición de impresoras nunha rede local con equipos Windows. Hai que destacar que nos exemplos que se mostrarán utilizaranse intencionadamente modelos de impresoras para os que Windows inclúe por defecto o controlador, xa que non é obxecto deste curso abordar as distintas casuísticas que se poden dar para a instalación do controlador dunha impresora. Crearemos polo tanto impresoras ficticias para centrarnos na simulación da compartición das mesmas na rede local.

Compartir unha impresora en Windows

Vexamos os pasos para compartir unha impresora en Windows:



Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos explicativos sobre como compartir impresoras en Windows XP e Windows Vista:

Xestión dos permisos nas impresoras compartidas

Dende a mesma ventá de propiedades da impresora podemos acceder á pestana de Seguridad que permite establecer permisos sobre a impresora. Obsérvese que neste caso non podemos establecer permisos sobre o recurso compartido (como no caso das carpetas compartidas), senón que simplemente poñeremos permisos sobre a propia impresora. Os permisos serán os de imprimir na impresora, poder administrar a impresora ou os documentos da cola de impresión.

Platega mv1112 compartir impresora windows 11.png

En moitas ocasións pode ser interesante axustar o permiso de administración dos documentos da cola de impresión (os documentos que están pendentes de imprimir) para que certos usuarios que non sexan necesariamente administradores poidan cancelar documentos . Así non será necesario a asistencia de un administrador cando tras un atasco na impresora queda unha gran cantidade de documentos na cola.

Acceder a unha impresora compartida en Windows

Para acceder a unha impresora compartida en Windows imos iniciar de novo o asistente para agregar unha impresora, pero agregando unha impresora de rede en lugar de unha impresora local:


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos explicativos sobre como conectar unha impresora de rede en Windows XP e Windows Vista:

Conectar unha impresora para todos os usuarios do equipo

Cando agregamos unha impresora de rede, a diferenza de cando o facemos con unha impresora local, a impresora só se agrega para o usuario actual, pero se inicia unha sesión no equipo outro usuario calquera non lle aparecerá a impresora, e terá que agregala tamén se lle interesa. Polo tanto, a configuración dunha impresora local afecta a todo o sistema (de feito só pode facela un usuario con perfil de administrador), pero a configuración dunha impresora de rede só afecta ao usuario actual.

Este comportamento ten as súas vantaxes, pero ás veces pode interesarnos configurar nun equipo (por exemplo, nun departamento, ou nunha aula) unha impresora de rede para todos os usuarios que inicien sesión nel. Imos ver como se pode facer isto, pero hai que ter en conta que esta configuración só ten efecto se o equipo Windows está incluído nun dominio (cousa que non imos ver neste curso), xa que se entende que é neste caso onde o haber moitos usuarios na rede, isto pode ter sentido. Así que explicaremos como conectar a impresora aínda que se o equipo non está incluído nun dominio, non terá efecto a configuración:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --