Acceder a carpetas compartidas con Windows

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 02:45 1 mar 2016 de Antonio (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Unha vez que temos unha carpeta compartida nun equipo, podemos acceder a ela dende calquera outro equipo da rede local. Imos ver como podemos facelo se o equipo dende o que queremos acceder á carpeta é un equipo Windows. Veremos dúas formas de facelo, accedendo directamente á carpeta ou conectando unha unidade de rede.

Acceder directamente a unha carpeta compartida

Usando o explorador de ficheiros de Windows podemos acceder directamente a unha carpeta compartida noutro equipo da rede local. Esta é unha forma rápida de acceder a unha carpeta compartida, pero non será moi cómoda se imos utilizar con frecuencia a carpeta compartida dende o equipo.


Con respecto ao usuario e contrasinal que temos que introducir para acceder á carpeta compartida, cómpre ter en conta que:

  • O primeiro que fará o noso equipo é intentar autenticarnos coas mesmas credenciais coas que iniciamos sesión, así que se o usuario co que iniciamos sesión no equipo tamén é válido no equipo ao que nos estamos conectando (e o contrasinal coincide), poderemos acceder á carpeta sen introducir ningunha nova credencial (se neste caso quixéramos conectarnos ao equipo remoto con outro usuario diferente, teremos que facelo conectando unha unidade de rede).
  • Poderemos ter problemas se o usuario co que iniciamos sesión tamén é válido no equipo remoto pero non ten establecido contrasinal, xa que Windows bloquea por defecto o acceso ás carpetas compartidas aos usuarios que non teñen contrasinal, e neste caso será preferible conectar unha unidade de rede.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos que mostran como acceder a unha carpeta compartida en Windows XP e Windows Vista:

Conectar unha unidade de rede

A conexión dunha unidade de rede é unha forma máis completa de acceder a unha carpeta compartida, sobre todo no que se refire ao paso das credenciais (nome de usuario e contrasinal) que introducimos para o acceso á carpeta, xa que poderemos indicar en todo caso con que usuario e contrasinal queremos acceder. Ademais, ofrece un acceso máis cómodo á carpeta cando imos acceder a ela con certa frecuencia.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos que mostran como conectar unha unidade de rede en Windows XP e Windows Vista:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --