De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Nota importante: Na versión 7.6 de Debian, modificouse un dos ficheiros de configuración que se ocupa da inicialización das interfaces de rede para evitar o problema de cambio de MACs nas tarxetas de rede en VirtualBox. Con esta corrección, evítase que o cambio de MAC provoque o cambio de nome da interface, e polo tanto xa non é preciso realizar o proceso que se describe a continuación.
A continuación explícase que acontece con S.O.s Linux en modo consola ou en modo Desktop pero que se desexan configurar dende a consola.
- Cambio da MAC da tarxeta en Debian
Facemos agora a actualización do enderezo MAC do adaptador 1 na máquina Debian.
Iniciamos a máquina e comprobamos con ifconfig a configuración das tarxetas de rede. Vemos que só aparece a interfaz de loopack (lo), que conecta ao sistema consigo mesmo.
Isto débese a que a interface de rede do equipo, que agora se chama eth1 non está activo ao non estar configurado. Se usamos o parámetro -a do comando ifconfig si que podemos ver a interface.
No arquivo /etc/udev/rules.d/70-persistent-net.rules é onde se asocia o interface ethX coa tarxeta de rede e a súa MAC. Botémoslle un ollo, para iso imos usar o editor de texto nano
Observar como hai dúas tarxetas (PCI device ....) e se nos movemos polas liñas imos ver as MACs asociadas a cada tarxeta (ATT{address}==....). Ao final de cada liña está o nome da interface que se vincula a esa tarxeta de rede. A primeira está vinculada a eth0...
Pois ben, se se comenta (cun #) á asociación da primeira tarxeta con eth0 e ...
se cambia o nome da asociación na segunda tarxeta (que está asociada a eth1)...
a eth0, e gardamos os cambios no ficheiro (coa combinación de teclas Control+X)...
xa temos vinculada eth0 á nova MAC, e coa configuración IP que tíñamos establecida antes do cambio da MAC