Instalación en Windows

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:52 24 jul 2015 de Angelfg (discusión | contribs.) (→‎Android SDK para tódolos usuarios)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introducion

  • Como xa se dixo, vaise instalar, por separado, os seguintes compoñentes en Windows 8.1 Enterprise 64 bits.
  • A razón de instalar cada compoñente por separado é que nos vai permitir ter un maior control de todo canto se precisa e ademais vai poder permitir que cada lector instale os compoñentes que precise en función dos que xa ten instalados.
  • Compoñentes:
00 java.png O JDK (Java Development Kit) de Oracle.
Como xa se indicou vaise instalar o JDK no canto do JRE (MV de Java), por se alguén desexa programar a maiores en Java en consola ou con outros IDEs.
00 Eclipse.png O IDE (Integrated Development Enviroment) de Eclipse.
00 android platform.png O SDK (Software Development Kit) de Android
00 ADT.png O ADT Plugin (Android Development Tools) para Eclipse. Permitirá facer uso dende o IDE do SDK de Android.


Instalación JDK de Oracle

Instalación do IDE Eclipse

  • A continuación instalarase o IDE de Eclipse, cuxo proceso de instalación é simplemente descargar e descomprimir un paquete, sen máis.
  • En http://eclipse.org/ está o sitio do IDE.


IDE Eclipse para tódolos usuarios

  • Para que o IDE Eclipse estea dispoñible para tódolos usuarios do sistema, só é preciso poñer o cartafol Eclipse nunha ruta accesible por todo usuario. Neste caso vaise facer uso da máis recomendada C:\Archivos de Programa.
  • Finalmente crearase un menú para que calquera usuario poida lanzar o IDE dende o Botón de Inicio de Windows.

Instalación Android SDK

  • O proceso de instalación é semellante ao do IDE Eclipse: descargar un paquete e descomprimilo.
  • En http://developer.android.com/sdk/index.html#Other podemos comezar co proceso de instalación.
  • Poderíamos descargar o Bundle asociado ao noso SO e este xa traería integrado nun só paquete: Eclipse + Android SDK + Plugin ADT. Só restaría instalar o JRE (ou JDK se se desexa).
    • Poderíase configurar para que puidera ser usado por calquera usuario do sistema do mesmo xeito que se fixo antes con Eclipse e que se vai facer a continuación co SDK de Android.
  • Pero, como indicamos, vaise instalar cada compoñente por separado.



Android SDK para tódolos usuarios

NOTA:: Cando decidimos instalar unha nova versión do S.O. Android non é necesario marcar todas as opcións dentro desta API. Así:

  • SDK: Necesario para poder desenvolver a aplicación. Sempre debe ser marcada.
  • Samples for SDK: Documentación de exemplo. Non é necesario marcala.
  • System Image (ARM/Intel/MIPS): Cando máis adiante utilicemos un dispositivo virtual para correr as nosas aplicacións, será necesario ter descargado a lo menos unha destas imaxes. O normal é que se temos un procesador INTEL descarguemos unha imaxe INTEL xa que despois poderemos instalar un acelerador hardware para dito micro. Se non temos intel poderíamos descargar calquera das opcións.
  • Google API: O mesmo que o System Image pero para dar soporte a aplicacións que van facer uso de Google Maps. Se non imos traballar con el non será necesario descargalas.
  • Sources for Android SDK: Fontes das funcións do SDK. Non é necesario descargalas.

Android Debug Bridge: ADB

  • O Android Debug Bridge (ADB) é un comando que arranca un servidor que nos vai permitir comunicarnos e interactuar cos dispositivos físicos ou emulados.
  • O ADB verase con profundidade nun apartado posterior, por agora so interesa que se poida executar.
  • No enlace hai máis información: http://developer.android.com/tools/help/adb.html

Executamos o comando: C:\Program files (x86)\android\android-sdk\platform-tools\adb e amosa a axuda do comando.

Android 2013 windows 60.jpg


Instalación plugin ADT

  • Só resta instalar o plugin en Eclipse que permita traballar dende este IDE co SDK de Android.
  • Este plugin chámase: Android Development Tools (ADT) e estende as capacidades de Eclipse para xestionar dispositivos móviles (emulados e reais), compilar e instalar aplicacións en dispositivos, etc.
  • En http://developer.android.com/tools/sdk/eclipse-adt.html hai máis información sobre este compoñente e como se pode instalar no IDE.

Configuración Eclipse e plugin ADT. Actualizacións

  • Agora xa podemos iniciar eclipse sen problemas e imos ver:
    • Parámetros de configuración de Eclipse.
    • Como actualizar Eclipse ou o SDK de Android.
    • Que elementos engadiu o plugin ADT á Perspectiva Java de Eclipse.




Carpetas de traballo

  • As carpetas que se obteñen finalmente pertencen a 2 tipos:
    • Carpetas de programas:
      • C:\Program Files\eclipse: Eclipse + plugin ADT
      • C:\Program Files (x86)\android\android-sdk: Android SDK
    • Carpetas de configuración de usuario
      • C:\Users\usuario\AppData\...: Carpeta oculta. Contén arquivos de configuración relativos a ese usuario e ao IDE Eclipse.
      • ruta\workspace: Carpeta indicada polo usuario onde se van gardar os proxectos creados no IDE Eclipse.
      • C:\Users\usuario\.android: Contén arquivos de configuración relativos ao SDK de Android e a ese usuario.

Fixar a icona á barra de tarefas

  • Unha forma de facilitar o acceso a eclipse pode ser fixando a icona á barra de tarefas.
  • Hai varias formas de facelo, unha delas é a seguinte, unha vez que se ten o Eclipse lanzado, aparece unha icona na barra de tarefas, premer co botón dereito sobra a icona e fixar o programa a esta barra.

Android 2013 windows 88.jpg




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).