Instalar e compartir impresoras: GNU/Linux e MS Windows. Escáners

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:16 17 abr 2015 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎Escanear dende LibreOffice.org)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta sección explicarase como instalar unha impresora nun ordenador con Ubuntu, como compartila tanto para MS Windows como para GNU/Linux e ao final de todo xestionarase un escáner.

Introdución

Antes de continuar imos ver un par de conceptos:

  • CUPS: (Common UNIX Printing System) é un sistema de impresión que trata de ser un estándar en GNU/Linux e Unix. Xestiona as colas de impresión, permite compartir impresoras, etc.
  • URI (Uniform Resource Identifier, Identificador de Recursos Uniforme): é un conxunto de caracteres que serve para identificar calquera recurso dunha forma inequívoca e única. Comeza co protocolo que se vai usar para identificalo (usb, ipp, http, smb, etc...). Cada impresora física terá unha URI asociada pola cal o sistema (CUPS) se comunica con ela.

Ao longo desta sección hai impresoras que se usaron na realidade para facer o manual e outras son simplemente ficticias. Para seguir o manual de instalación de impresoras non se precisa ter ningunha impresora física (aínda que sería moito mellor).

Comezarase xerando PDFs e instalando unha impresora PDF que permita ter unha impresora común a todo usuario. Con ela explicaranse os parámetros de configuración comúns a calquera impresora.

Escenarios

Nesta sección veranse 6 escenarios. Basicamente están divididos en:

  • Instalar impresoras en Ubuntu: locais e da rede
  • Usar impresoras en Ubuntu compartidas por outro Ubuntu.
  • Usar impresoras en Windows compartidas por Ubuntu.
  • Usar impresoras en Ubuntu compartidas por Windows.

Antes de comezar véxase un esbozo do que se pretende:


  • Ubuntu: Usar impresoras compartidas por Ubuntu

Platega U810 Imprimir E04.jpg


  • MS Windows: Usar impresora compartida por Ubuntu

Platega U810 Imprimir E05.jpg


  • Ubuntu: Usar impresora compartida por Windows

Platega U810 Imprimir E06.jpg

Xerar PDFs

En Ubuntu pódese xerar un documento PDF dende calquera aplicación.


LibreOffice.org

Esta aplicación trae por defecto unha utilidade para exportar calquera documento a formato PDF.

Outras aplicacións

Como xerar PDFs en aplicacións que non teñen utilidades específicas?...

A continuación indícase como xerar PDFs en calquera aplicación que teña opción de imprimir:


Escenario 0: Instalar impresora PDF

Nos casos anteriores non sempre se ten a opción de xerar PDFs con 2 páxinas por folla, por exemplo. Para iso pódese instalar unha impresora PDF.

Observar o escenario ...

Platega U810 Imprimir E00.jpg

Esta impresora será usada para explicar os parámetros de configuración comúns a todas as impresoras. Así afórrase papel.



Propiedades dunha impresora

Imprimir páxina de proba

Nesta ocasión xerarase un arquivo PDF. Ollo, que unha páxina de proba nunha impresora a cor de chorro de tinta, vai gastar bastante tinta. Úsese con cautela.


Cambiar opcións de impresión

A continuación modificaranse uns parámetros da impresora, para coñecer distintas configuracións.


Escenario 1: Instalar impresora USB automática

Se o controlador ou driver da impresora está no sistema nada máis conectar a impresora esta xa estará operativa, sen intervención algunha do usuario. Iso é o que se reproduce neste escenario:

Platega U810 Imprimir E01.jpg


Escenario 2: Instalar impresora manual

Para facer un exemplo dunha instalación manual, imos engadir unha impresora como a que xa instalamos pero simulando unha instalación para poder seleccionar manualmente o modelo e o driver para a mesma. Nun caso real non tería sentido facelo con este modelo de impresora, pero reprodúcese a continuación porque si pode ser útil para outros modelos:

Platega U810 Imprimir E02.jpg


Impresora predeterminada de sistema e de usuario

Cando hai dúas ou máis impresoras hai que indicar cal é a predeterminada, para que cando se prema nos botóns de imprimir das aplicacións non pregunte a impresora que se desexa usar. En Ubuntu, unha impresora pode ser predeterminada de:

  • Sistema: Un usuario administrador determina que para todo o sistema cal é a impresora determinada independentemente do usuario.
  • Usuario: se o usuario non quere a impresora do sistema como predeterminada, este pode escoller a que desexe como predeterminada.


Administrar os traballos de impresión

Hai veces en que é preciso cancelar un traballo, reanudalo, comprobar o que se imprimiu, etc.

Opcións para obter os drivers para unha impresora

Openprinting.org

Openprinting.org é un portal web no que se poden descargar drivers para impresoras. Cando o sistema ou ou fabricante non proporcionan o driver en Openprinting.org pódese consultar o estado de desenvolvemento do driver.

HPLIP: HP Linux Imaging and Printing

HP desenvolveu unha aplicación para xestionar os seus dispositivos de escaneo, impresión e fax chamada HPLIP que podemos instalar para as impresoras HP. HPLIP ofrece tamén unha ferramenta gráfica que permite unha xestión máis completa dos dispositivos HP, para poder escanear, imprimir páxinas de proba, ver problemas, etc.


Descarga de drivers de impresoras Brother

Brother tamén ofrece soporte para Linux para a as súas impresoras, pero teremos que descargar da súa web os paquetes necesarios para a instalación dos controladores. A continuación móstrase como facelo:

Escenario 3: Instalar impresora de rede

Vaise simular que se ten a impresora de rede na IP 10.0.0.9 (A dirección IP cambia con respecto ás indicadas nos escenarios xa que se tomou o caso real dunha impresora de rede nun centro):

Platega U810 Imprimir E03.jpg


Compartir impresoras en Ubuntu e administración remota

Un dos aspectos interesantes de ter unha rede é poder compartir as impresoras que ten instaladas un equipo. Ese equipo chamarase Servidor de Impresoras ou de Impresión. Neste caso o equipo Ubuntu uclient vaise converter nun servidor de impresoras.

Esta impresoras poderán ser usadas dende MS Windows e dende outros GNU/Linux.

Escenario 4: Desde Ubuntu usar impresoras compartidas por Ubuntu

En uclient02 vanse usar as impresoras compartidas por uclient...

Platega U810 Imprimir E04.jpg

Para realizar esta operación en uclient02 é preciso entrar cun usuario con privilexios administrativos, neste caso: administrador. Seleccionouse neste equipo un tema de escritorio diferente para distinguilo de uclient.

Administración remota dun servidor de impresoras Ubuntu

Para poder dende uclient02 cambiar os parámetros de configuración das impresoras de uclient, hai dúas formas:

  • A través do propio administrador de impresoras de uclient02, conectándose ao servidor de uclient.
  • A través da web: <ip equipo>:631.


Escenario 5: Desde Windows usar impresoras compartidas por Ubuntu

Nesta ocasión imos usar dende MS Windows unha das impresoras de uclient, a impresora HP.

Platega U810 Imprimir E05.jpg

En MS Windows para agregar unha impresora compartida por outro ordenador non é preciso ser un usuario con privilexios administrativos. Calquera o pode facer.



Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos explicativos sobre como conectar unha impresora de rede en Windows XP e Windows Vista:

Escenario 6: Desde Ubuntu usar impresoras compartidas por MS Windows

Vaise instalar unha impresora ficticia en wclient, compartila e usala dende uclient: OKI C7300.

Platega U810 Imprimir E06.jpg


Compartir impresora en MS Windows


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Os seguintes enlaces ofrecen vídeos explicativos sobre como compartir impresoras en Windows XP e Windows Vista:

Usar impresora en Ubuntu

Agora toca usar en uclient a impresora compartida en wclient.

Administrar dende Windows un servidor de impresoras en Ubuntu

Dende MS Windows pódese administrar un servidor de impresoras en Ubuntu facen uso dun navegador web, ao igual que no escenario 4. https://<ip ou nome equipo>:631

Ud 15 impresoras 380.png

Observar como tamén está a propia impresora OKI de wclient, que se acaba de instalar en uclient.

Uso de Escáners

Habitualmente non hai que facer nada para que Ubuntu detecte un escáner conectado ao equipo. Porén, isto pode variar dependendo da marca e modelo do escáner. Por exemplo, no caso das impresoras multifunción de Brother, é necesario utilizar o comando brsaneconfig3 para engadir o escáner no sistema. O seguinte comando engadiría o escáner dunha impresores Brother DCP-9045CDN que ten a dirección IP 10.0.0.9:

brsaneconfig3 -a name=SCANNER model=DCP-9045CDN ip=10.0.0.9

Escaneado sinxelo

En Linux pódense utilizar distintas aplicacións para escanear documentos. No caso de Ubuntu, trae por defecto para escanear a aplicación de Escaner Sinxelo.


Escanear dende LibreOffice.org

Hai veces nas que se desexa incorporar unha imaxe a un documento directamente dende o escáner.

Neste caso abriuse o procesador de textos.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez