Características de Ubuntu
Instalación de Ubuntu
- A páxina de referencia é www.ubuntu.com
- Ubuntu é unha ideoloxía humanista africana, cuxo centro de atención é: as relacións interpersoais, a confianza mutua, as alianzas, etc. A persoa de referencia desta filosofía é Nelson Mandela
- A distribución Ubuntu baséase nesa filosofía; para iso parten da distribución Debian e do escritorio GNOME, tratando de obter unha distribución amigable, de fácil instalación, multilingüe, libre, etc. Sitios oficiais de Debian e GNOME.
- Dende a versión 10.04 Ubuntu comeza a instalar o seu propio xestor de escritorio: Unity. Na parte II do curso afondarase sobre os distintos escritorios. Neste enlace pódese acceder á páxina oficial de http://unity.ubuntu.com/
- Ubuntu saca unha versión cada 6 meses, estas numéranse co ano e o mes de publicación (ano.mes) e cun nome en chave (o nome dun animal xunto cun adxectivo). Así a versión na que se baseará este curso é a 14.04 LTS. Aqueles usuarios que desexen usar a 14.10, poderano facer e estar así á última.
- Tódalas distribucións teñen soporte durante 18 meses, salvo as que leven o apelido LTS (Long Term Support, soporte a longo prazo), cuxo soporte é por 5 anos.
- Ubuntu para cada versión distribúese en Varios tipos de CDs (edicións), sinalar entre elas:
- Desktop CD: é un live-cd que permite iniciar o ordenador sen tocar a configuración que xa ten. Unha vez iniciado o S.O. pódese tomar a decisión de instalalo permanentemente. Vén con aplicacións de usuario final.
- Server CD: para instalar, en modo texto, permanentemente o S.O. Vén con aplicacións de servidor.
- Alternate CD: para usuarios avanzados de Ubuntu. Para sistemas con menos de 192 MB, para realizar imaxes, actualizacións, sistemas preconfigurados, etc.
- Da distribución de Ubuntu derívanse outras varias, entre elas:
Neste curso vaise realizar unha instalación dual (Microsoft Windows XXXX + Ubuntu XX.XX).