Sistema Dual: Obxectivos e escenarios da PARTE II

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 19:41 28 feb 2015 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
  • Nesta parte II, o usuario ten por obxectivo instalar Ubuntu e facer unha mínima configuración para telo actualizado, multi-idioma e que poida conectarse a internet.
  • Recoméndase que antes de acometer o proceso de instalación se lea todo o material dese punto, pois é o máis importante de todo o curso. O usuario vai estar totalmente guiado e partindo do seu croquis da parte I vai ser quen de acabar tendo un sistema dual no ordenador real: Windows + Ubuntu.
  • A seguinte imaxe ilustra o exposto anteriormente:

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Escenario Semana 02 A.jpg

  • É importante que o usuario saiba que aínda que teña 2 sistemas operativos instalados no seu sistema só vai poder usar un de cada vez, non os dous simultaneamente. Isto é, cando se acende o ordenador vai a aparecer un menú que lle vai permitir escoller ao usuario que Sistema Operativo quere iniciar, se escolle:
    • MS Windows: o usuario vai traballar con este sistema operativo e non co Ubuntu.
    • Ubuntu: o contrario do anterior.
    • Se o usuario quere pasar dun Sistema Operativo ao outro debe reiniciar o equipo (ou apagar) e volver a escoller no menú de cando se inicia o ordenador.


  • Para levar a cabo todo o proceso anterior, perante o proceso de instalación, o usuario vai crear particións, dun xeito totalmente asistido. Para iso debe ter en conta o seu croquis e adaptar o material dos apuntes ás súas circunstancias. Algúns van a ter que crear tódalas particións, outros usar algunhas das existentes (sen formatalas).
  • Nesta parte II, verase unha Introdución ás particións, sistemas de ficheiros e puntos de montaxe. Na parte VI e VII do curso afondarase máis sobre este asunto.
  • A seguinte imaxe amosa como vai quedar o sistema particionado (segundo o croquis dos apuntes). En seguida vemos a introdución do que é cada cousa.

00 Ubuntu Desktop Ed 2012 Escenario Semana 02 B.jpg


  • Para rematar esta parte II, verase como actualizar o sistema e unha pequena introdución ao escritorio de Ubuntu.
  • LEMBRAMOS: antes de instalar nada véxase o punto da instalación e contrástese co croquis que cada quen realizou na parte I do curso, para así entender mellor o que cada quen ten que facer.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez