Cargando contido nos elementos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:08 26 ene 2015 de Veiga (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Para cargar contigo nun elemento empregando Ajax farémolo co comando load(url, parametros, callback).

Método load()

load( url, [data], [callback] )

Este método carga o contido devolto pola páxina especificada na url

Por defecto faráse unha petición GET - pero si pasamos parámetros opcionais entón empregarase o método POST para facer a petición.

Podemos incluso especificar un selector na URL. Facendo isto filtraríamos o contido devolto, e soamente nos quedaríamos cos obxectos que coincidan co selector.

A sintaxe é algo semellante a:

   "url #some > selector"

Exemplos:

$("#feeds").load("feeds.html");

$("#objectID").load("test.php", { 'choices[]': ["Jon", "Susan"] } ); 
// Pasa un array de datos ó servidor.

$("#feeds").load("feeds.php", {limit: 25}, function(){
   alert("Foron cargados os derradeiros 25 feeds.");
 });

$("#links").load("/Main_Page #jq-p-Getting-Started li");

Método serialize()

Este método serializa un conxunto de elementos de entrada nunha cadea de datos.

Emprégase en moitos caso para preparar os datos de entrada dun formulario para envialos ó servidor empregando o método GET.

Exemplo:

    function showValues() {
      var str = $("form").serialize();
      $("#results").text(str);
    }

A función devolvería nunha cadea de texto o contido dos campos semellantes ó seguinte:

single=Single&multiple=Multiple&multiple=Multiple3&check=check2&radio=radio1

Máis información sobre método load() en jQuery


--Veiga (discusión) 23:08 26 ene 2015 (CET)