Xerando novo contido HTML

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 22:56 26 ene 2015 de Veiga (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Ás veces, queremos xerar novos fragmentos de código HTML para insertar na páxina. Con jQuery, é unha cuestión simple, porque, como vimos anteriormente coa función $ podemos crear contido HTML para agregar á páxina actual.

Examinemos o seguinte:

$("<div>Hola mundo</div>")

Esta expresión crea un novo elemento listo para ser engadido á páxina. Poderemos executar calquera comando jQuery sobre os elementos actuais ou os de nova creación como o anterior. Isto pode non parecer impresionante na primeira vista, pero cando lanzamos eventos, Ajax ou unha mezcla de todo, veremos que nos vai vir moi ben.

Outra forma de crear un div sen contido pode ser:

$("<div>")

que é exactamente idéntica a:

$("<div></div>") ou $("<div/>")

Como ocorre con moitas cousas na vida, hai unha pequena advertencia: non imos poder utilizar esta técnica para crear elementos script.

--Veiga (discusión) 22:56 26 ene 2015 (CET)