Organización, consulta e tratamento da información

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 00:15 20 ene 2015 de Vence (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Anterior: Administración básica e utilización de sistemas ERP-CMR
Seguinte: Implantación de sistemas ERP/CRM

Configuración inicial

Punto de partida: Instalación de OpenERP 7.0 en Ubuntu Server

Vamos acceder ao servidor Postgres do Ubuntu Server utilizando a aplicación PgAdmin instalada en outro equipo. Para permitir este acceso remoto é preciso realizar os pasos descritos no apartado configuración inicial de OpenERP 6.1 cun par de cambios:

  • Configuramos Postgresql editando pg_hba.conf. Obrigamos a que os usuarios da BD se autentiquen con clave encriptada: Na liña que comeza por "local all all" trocamos a última palabra por "md5". No final do ficheiro inserimos unha nova liña para permitir as conexións desde outro equipo da subrede:
host   all   all   samenet   md5
Pg hba-local e host samenet.png
  • Modificamos en postgresql.conf a liña "listen_addresses", eliminando # (símbolo de comentario) e substituíndo localhost por un asterisco:
Antes
Despois






  • Reiniciamos Postgresql:
sudo /etc/init.d/postgresql restart
  • Creamos un usuario en Postgres con permiso para crear bases de datos. No noso exemplo chámase varela, con clave abc123.:
sudo su postgres
createuser varela --pwprompt
...(Responder as preguntas: Pode crear BDs, o resto non.)
exit
  • Configuramos o servidor OpenERP para indicarlle o nome do usuario e clave creados no paso anterior:
sudo gedit /etc/openerp/openerp-server.conf
  • Reiniciamos o servidor OpenERP co seguinte comando:
sudo /etc/init.d/openerp restart
  • Verificar que podemos acceder desde calquera equipo da subrede utilizando un browser, indicando a IP do servidor e o porto 8069
Openerp7.png

Acceso á base de datos

Instalamos pgAdmin nun equipo da subrede e realizamos os seguintes pasos:

  • Accedemos a Odoo e facemos clic en "Xestionar Bases de Datos".
04 crear bd.png


  • Creamos unha base de datos de probas. Marcamos a opción "Cargar datos de demostración".
05 crear bd probas.png


  • Iniciamos pgAdmin e conectamos co servidor Postgres
06 pgAdminNovo.png

Deseño de consultas

  • Escollemos a BD coa que queremos traballar. Neste exemplo, "Probas". Prememos en Executar consultas SQL arbitrarias.
07 pgAdmin-probas.png


  • No separador Construtor gráfico de consultas, escollemos esquemas, public e procuramos as táboas coas que queremos traballar.
08 pgAdmin-consultas1.png


  • Por exemplo, queremos saber o nome dos socios e de que cidade e país son. Primeiro facemos clic nas táboas res_partner e res_country. Despois arrastramos a clave foránea country_id para relacionala co campo id da táboa res_country. Escollemos para visualizar os campos name e city e escribimos os alias correspondentes. Finalmente prememos en Executar SQL.
09 pgAdmin-consulta-socio-pais1.png


  • Podemos ver o código SQL xerado e o resultado da consulta.
10 pgAdmin-consulta-socio-pais2.png


Creación de vistas na BD

Vamos crear unha vista co código SQL da consulta anterior.

  • Na pantalla inicial procuramos o apartado Vistas da base de datos Probas. Creamos unha nova vista chamada Vista Socios-Países.
11CrearVista.png


  • No separador Definición, pegamos o código SQL da consulta.
12ColarSQL.png


  • Agora podemos visualizar os datos da vista e traballar con ela como se se tratase dunha táboa.
13VerDatosVista.png


  • Por exemplo, vamos realizar unha segunda consulta cos datos da vista, que amose o resultado ordenado por país, despois por cidade e por nome. Podemos filtrar para que só vexamos os datos dos socios dos países que comezan por "United".
14ConsultaVista.png


Creación de vistas en OpenERP

Agora que xa sabemos utilizar pgAdmin nunha BD de probas, vamos a realizar unha práctica completa, seguindo o fío da páxina Administración básica e utilización de sistemas ERP-CMR.

En OpenERP, para a empresa Galaxia Software, queremos crear un novo menú cunha ligazón para visualizar os datos dos socios (clientes, provedores, usuarios e a propia empresa).

En primeiro lugar creamos unha vista en OpenERP que conecte coa táboa res.partner seleccionando os campos que nos interese amosar.

Coa conta de administrador/a, facemos clic en Configuración, Técnico, Interfaz de Usuario, Vistas, Crear.. Escribimos o nome do obxecto res.partner e o nome da vista res.partner.vistaArbore. Mediante código XML especificamos os campos que queremos visualizar.

01OpenERP CrearVista.png

Aproveitamos para duplicar a vista, editar a copia, e transformala nunha vista de formulario.

02OpenERP DuplicarVista.png
03OpenERP VistaForm.png

O seguinte paso é crear os elementos do menú para enlazar esta vista. En Configuración, Técnico, Interfaz de Usuario, Elementos Menú, Crear, creamos o menú Galaxia Sw.

04OpenERP Menu.png

Gardamos, editamos, e no separador submenú facemos clic en añadir un elemento. Agora vamos crear o submenú Socios.

05OpenERP Submenu.png

Mais unha vez: gardamos, editamos, clic en añadir un elemento, para crear unha opción do menú: Ver Socios Árbore. En Acción escollemos ir.acciones.acc-ventana e Crear y editar.

06OpenERP IrAccion.png

Agora vamos crear a acción AbrirVistaSociosArbore que se executa ao premer na opción do menú. Esta acción é a que amosa a vista previamente creada.

07OpenERP CrearAccion.png

Podemos repetir os pasos para crear a opción de menú Ver Socios Formulario ligada á acción AbrirVistaSociosFormulario.

08OpenERP AccionForm.png

Actualizamos o browser para que apareza o novo menú e xa podemos utilizar as dúas opcións, tanto para navegar polos datos como para crear novos socios. Tamén se pode cambiar o modo de visualización no botóns da dereita.

09OpenERP ExecucionForm.png
10OpenERP ExecucionArbore.png


É importante non confundirmos as vistas da BD coas vistas de OpenERP.


Edición de informes con LibreOffice

Instalamos o módulo OpenOffice Report Designer. Tamén hai que descargar o plugin en formato ZIP para Writer e seguir as instrucións de configuración.

01instalacionModuloInformes.png
  • Iniciamos Writer.
  • En Ferramentas, Xestor de extensións, Engadir, escollemos o ficheiro base_report_designer_installer.zip previamente descargado. Se non ten extensión .zip, poñémoslla nós.
  • Reiniciamos Writer. Aparece unha nova barra de ferramentas e un novo menú.
  • Executamos Server parameters e conectámonos co servidor OpenERP utilizando a conta admin.
  • Executamos Modify Existing Report e escollemos o informe de orde de vendas.
02ModificarInformeOrdeVendas.png
  • Neste exemplo traducimos Enderezo de envío e Enderezo de facturación, pero pódense realizar outras accións como inserir campos.
03Traducion.png
  • Finalmente enviamos o informe ao servidor executando Send to server.
  • En OpenERP, no menú Ventas, Pedidos de ventas, escollemos un pedido, e facemos clic en Imprimir.
04ImprimirPedido.png


Exportar datos en fomato CSV

Os datos de calquera vista pódense exportar en formato CSV, de forma que serán facilmente procesables por outras aplicacións.

Neste exemplo seleccionamos todos os socios, facemos clic en Más, Exportar e seleccionamos os campos do noso interese.

05exportarSocios.png

O ficheiro CSV pode abrirse cun editor de texto plano, cunha aplicación de folla de cálculo, etc.

06DatosCSV.png


--Vence