LIBGDX Actualización dos proxectos a outra versión do Framework

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 16:41 11 dic 2014 de Angelfg (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

UNIDADE 1: Versións do Framework Libgdx.Actualización dos proxectos


Cada certo tempo van saíndo versións do framework.

Existen dous tipos de versións:

  • Release builds: considéranse versións estables do framework. Podemos ver as diferentes versións neste enlace.
  • Nightly builds: denominadas SNAPSHOT. Son 'fotos' que se fan do repositorio LIBGDX cada vez que se fai un cambio. Podedes ver a última versión neste enlace. O formato de ditas versións sempre é x.y.z-SNAPSHOT, como por exemplo 1.0.1-SNAPSHOT.

Normalmente traballaremos coa versión estable.


Melloras e cambios que se foron introducindo:

  • 20 de Abril do 2014: Versión 1.0.0
    • Elimínase o soporte para OPEN GL 1.x e engádese o soporte para OPEN GL 3.0
    • Cámbiase a forma de xerar os proxectos por GRADLE.Enlace.
    • Versión mínima do S.O. Android pasa a ser a 2.2.


  • 23 de Maio do 2014: Versión 1.1.0
    • Correxidos varios bugs.
    • Introducidos cambios na clase Matrix4.
    • Engadida a posibilidade de asinarlle unha cor a un texto usando BitmapFontCache.Enlace.
    • Agora se pode establecer unha densidade á versión Desktop para simular un dispositivo móbil.Enlace.
    • Se engade unha forma máis sinxela de facer a internacionalización das aplicacións.Enlace.
    • Corrixidos varios bugs.


  • 22 de Xuño do 2014: Versión 1.2.0
    • Utilidades para obter información de rendemento do xogo e facer melloras. Enlace.
    • Engadido gdx-ai, extensión para IA algoritmos.
    • O cargador FreeTypeFontGeneratorLoader foi engadido á extensión gdx-freetype, permitindo cargar fontes TTF via AssetManager.
    • Corrixidos varios bugs.


  • 9 de Agosto do 2014: Versión 1.3.0
    • Corrixe un bug do GWT.Enlace á nova.
    • Diversos cambios en métodos e propiedades da API.
    • Corrixidos diferentes bugs.


  • 10 de Outubro do 2014: Versión 1.4.1
    • Soporte para IOS8 e IPhone6.
    • Actualizacións necesarias para traballar coa versión de eclipse 4.4
    • Actualización da versión Gradle á 2.1 coa API 20 de Android, build tools 20.
    • Diversos cambios en métodos e propiedades da API.


  • 8 de Decembro do 2014: Versión 1.5.0.
    • Os gráficos PNG xa soportan a opción de compresión e mellora a eficiencia na carga deste tipo de gráficos.
    • Cambios varios en IOS.
    • Corrixe varios bugs.
    • Cambios menores en certos nomes de propiedades e método da API sobre toda na UI.



Actualización dos proxectos

Para actualizar un proxecto a unha nova versión só tempos que editar o arquivo build.gradle do proxecto raíz.


Neste curso imos traballar coa versión 1.3.1 aínda que se xerades o proxecto coa última versión non debería haber problemas.




-- Ángel D. Fernández González -- (2014).