LIBGDX Creacion dun proxecto base
UNIDADE 1: Creación dun proxecto base
Supoñamos que facemos un proxecto base para os nosos xogos (como imos facer neste curso) no que creamos a estrutura de clases e implementamos o código que imos necesitar en todos os xogos, de tal forma que despois queremos reutilizar todo o feito para facer outro xogo diferente e así non ter que empezar dende 0.
Para facelo:
- Facendo un proxecto BASE
-
Debemos copiar todos os arquivos xerados pola ferramenta.
-
Os copiamos a un cartafol de nome XogoBase. Este cartafol non se debe tocar xa que o seu contido será a base de novos xogos.
-
Agora se queremos crear un novo xogo só temos que copiar o contido do cartafol XogoBase a outro novo. Por exemplo ó cartafol NovoXogo. Unha vez copiado debemos editar os arquivos build.gradle e .proyect.
-
No build.gradle dámoslle un novo nome ó xogo. Este será o nome do proxecto onde vai a información que utiliza o gradle.
-
No .proyect dámoslle un novo nome ó proxecto.
-
Despois temos que ir a cada unha das plataformas que xera a ferramenta.
-
Empezamos pola core. Neste só temos que editar o arquivo .proyect.
-
Dámoslle un novo nome ó proxecto core.
-
Despois temos cambiar o .classpath da versión Android e html, indicando o novo nome do proxecto core (feito antes). Non se fai no cartafol da versión Desktop.
-
Debemos editor o arquivo .proyect das tres plataformas: Android, Html e Desktop.
-
Cambiamos o nome dos proxectos nas tres plataformas: Android, Html e Desktop.
Agora só temos que facer a importación dos proxectos, como indicamos anteriormente.
A maiores, é aconsellable cambiar o nome do paquete do xogo (polo menos na versión Android).
- Creando un novo xogo. Cambiando os nomes dos paquetes
-
Debemos cambiar o paquete na versión Android xa que cada xogo ten que desenvolverse nun único paquete. Isto se fai no arquivo AndroidManifiest.xml.
-
Despois poderemos cambiar todos os paquetes dos demais proxectos (html, desktop, core,...) e darlle o nome que queiramos. Para facelo debemos de seleccionar o paquete, premer o botón dereito sobre o mesmo paquete e escoller a opción Refactor -> Rename
- Se cambiades de computador e ides dun Windows a un Linux, por exemplo, pode ser necesario descargar outra vez as librerías de gradle. Para facelo tedes que marcar todos os proxectos, premer o botón dereito sobre un deles, escoller a opción Gradle e despois Refresh all.
- Se na versión HTML vos aparece unha admiración vermella probade a limpar o proxecto. Tedes que ir ó menú de eclipse Project=>Clean e marcar o proxecto HTML.
-- Ángel D. Fernández González -- (2014).
